Germán Novoa

futbolista galego

Germán Novoa Enríquez, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 6 de agosto de 1996, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Novoa
Información persoal
Nome Germán Novoa Enríquez
Nacemento 6 de agosto de 1996
Lugar de nacemento Morgade
Altura 1,79 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Arenteiro
Número 3
Carreira xuvenil
Pabellón Ourense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015 Barbadás B 3 (0)
2015–2017 Barbadás 61 (0)
2017–2020 Ourense CF 98 (3)
2020– Arenteiro 120 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de maio de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia, formouse como futbolista na canteira do Pabellón Ourense, antes de incorporarse en 2015 ao Barbadás.[1] Disputou tres partidos co filial e a continuación pasou ao primeiro equipo, no que militou durante as tempadas 2015/16 e 2016/17 na Terceira División. Entre 2017 e 2020 xogou no Ourense CF, da mesma categoría, fichando en 2020 polo Arenteiro.[2]

No Carballiño converteuse nun dos piares defensivos no triunfante ciclo que levou ao conxunto verde a conquistar dous ascensos en tres tempadas, dende a Terceira ata a Primeira RFEF.[1][3]

Palmarés editar

Arenteiro

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Germán Novoa, defensa del Arenteiro: “Firmaríamos acabar así”". La Región. 7 de novembro de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  2. "O C.D. Arenteiro anuncia novas fichaxes: Germán Novoa e Alex Fernández". 13 de agosto de 2020. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  3. Garrote, Pepe (4 de abril de 2023). "Germán Novoa da el sí al Arenteiro" (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar