Germán García Armesto
farmacéutico e político galego
Germán García Armesto, nado Viana do Bolo, foi un farmacéutico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Viana do Bolo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico |
Familia | |
Irmáns | Avelino García Armesto |
Traxectoria editar
Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, afincados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Tras cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a licenciatura en 1902, instalouse como farmacéutico en Viana do Bolo. Foi deputado provincial por Viana do Bolo, e na ditadura de Primo de Rivera foi delegado rexio de Primiera Ensinanza. Foi colaborador de El Pueblo Gallego.[1]
Vida persoal editar
Casou en San Pedro de Nós con Mercedes Ávila Cuadra, sobriña da condesa de Bugallal, o 15 de abril de 1910.[2] Mercedes finou en 1933.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Vázquez García, Rosa Mª Livia (2023). "Polos pelerinaxes da nosa historia: de Ourense a Palas de Rei, o boticario e alcalde de Palas Avelino García Armesto". Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns (6): 82–94.