Gerard James Butler, nado o 13 de novembro de 1969 en Paisley, é un actor escocés de cinema, televisión e teatro.

Infotaula de personaGerard Butler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gerard James Butler Editar o valor em Wikidata
13 de novembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Paisley, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo escocés e Pobo irlandés Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Glasgow
St Mirin's Academy (en) Traducir
University of Glasgow School of Law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , avogado , actor de teatro , actor de cinema , produtor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBrian Butler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webgerardbutler.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0124930 Allocine: 21087 Rottentomatoes: celebrity/gerard_butler Allmovie: p240591 TCM: 778632 Metacritic: person/gerard-butler TV.com: people/gerard-butler
Instagram: gerardbutler Musicbrainz: 1a2a2f2b-1d13-4c68-820d-34ca16305bf2 Discogs: 1359892 Genius: Gerard-butler Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

Butler naceu en Paisley, Escocia, sendo o máis novo de tres irmáns e fillo de Margaret e Edward Butler. Os seus primeiros anos pasounos en Montreal (Canadá) e posteriormente volveu a Paisley trala separación dos seus pais. Criouse coa súa nai, quen casou de novo poucos anos despois. Non tivo contacto co seu pai até os dezaseis anos. Estudou Dereito na Universidade de Glasgow, onde foi presidente da Sociedade de Leis da Escola e traballou como avogado trala súa graduación.

Traxectoria editar

Comezou a actuar a mediados dos anos 90 con pequenos papeis en producións como o filme de James Bond 007: O mañá nunca morre (1997), que foi seguido por traballos en televisión. O máis notábel deses traballos foi o telefilme norteamericano Atila o huno (2001) onde interpretou o personaxe principal. Recibiu a aclamación da crítica polo seu traballo en The Phantom of the Opera (2004) dirixido por Joel Schumacher. No 2007 interpretou a Leónidas I no filme 300. Dende entón, apareceu en proxectos como P.S. I Love You (2007), Nim's Island (2008), RocknRolla (2008), Un cidadán exemplar (2009) e The Bounty Hunter (2010). Tamén foi actor de voz no filme de animación How to Train Your Dragon (2010).

Filmografía editar

 
Butler no Festival Internacional de Cinema de Toronto no 2011.
Cinema e televisión
Ano Filme Personaxe Notas
1997 Mrs. Brown Archie Brown
1997 007: O mañá nunca morre Mariñeiro xefe
1998 Tale of the Mummy Burke
1998 Fast Food Jacko
1998 Little White Lies Peter Telefilme
1998 The Young Person's Guide to Becoming a Rock Star Marty Claymore Serie de televisión
1999 The Cherry Orchard Yasha
1999 One More Kiss Sam Telefilme
1999 Lucy Sullivan Is Getting Married Gus Serie de televisión
2000 Dracula 2000 Drácula/Xudas Iscariote
2001 Harrison's Flowers Chris Kumac
2001 An Unsuitable Job for a Woman Tim Bolton Telefilme
2001 Atila o huno Atila Telefilme
2001 Jewel of the Sahara Capitán Charles Belamy Curtametraxe
2001 Please! Peter Curtametraxe
2001 The Jury Johnnie Donne Telefilme
2002 Shooters Jackie Junior
2002 Reign of Fire Creedy
2003 Lara Croft Tomb Raider: The Cradle of Life Terry Sheridan
2003 Timeline André Marek
2004 The Phantom of the Opera Erik, pantasma
2005 Beowulf & Grendel Beowulf
2005 The Game of Their Lives Frank Borghi
2005 Shadow Company James Ashcroft Voz
2007 300 Leónidas I
2007 Butterfly on a Wheel Neil Randall
2007 P.S. I Love You Gerry Kennedy
2008 Nim's Island Jack Rusoe / Alex Rover
2008 RocknRolla One Two
2009 Tales of the Black Freighter O capitán Voz
2009 The Ugly Truth Mike Chadway
2009 Gamer Kable / John Tillman
2009 Un cidadán exemplar Clyde Shelton
2010 How to Train Your Dragon Stoick the Vast Voz
2010 The Bounty Hunter Milo Boyd
2011 Coriolanus Tullus Aufidius
2011 Machine Gun Preacher Sam Childers
2012 Playing the Field George
2012 Movie 43 Shaun
2012 Of Men and Mavericks Rick Hesson
2014 How to Train Your Dragon 2 Stoick the Vast Voz

Véxase tamén editar