Georges Dumézil, nado en París o 4 de marzo de 1898 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1986, foi un antropólogo francés amante da filoloxía que destacou polo seu estudo da sociedade dos indoeuropeos, a partir da cal inferiu que maioría de culturas se estruturan ao redor de tres funcións: a sacra ou xurídica, a guerreira e a de produción.

Georges Dumézil
AlcumeGeorges Marcenay
Nacemento4 de marzo de 1898
Lugar de nacementoParís
Falecemento11 de outubro de 1986
Lugar de falecementoParís
Causadoença cerebrovascular
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Louis-le-Grand e École Normale Supérieure
Ocupaciónlingüista, historiador da religião, antropólogo e militar
PaiJean Dumézil
CónxuxeMadeleine Dumézil
FillosPerrine Dumézil-Curien e Claude Dumézil
PremiosOficial da Lexión de Honra, Croix de guerre 1914–1918, Commander of the French Order of Academic Palms, Prix mondial Cino Del Duca, Doutor Honoris Causa da Universidade de Uppsala e Doutor honorário da Universidade de Liège
Na rede
Dialnet: 1660635
editar datos en Wikidata ]
Sinatura de Dumézil.

Traxectoria editar

Foi introducido no estudo das linguas clásicas polo seu pai desde moi pequeno e chegou a dominar máis de 30 idiomas, feito que o axudou para os seus estudos comparatistas, posto que podía ler os textos orixinais de cada civilización. Participou brevemente na primeira guerra mundial e despois dedicouse á investigación e á docencia na universidade. Foi elixido membro da Académie Française en 1978 e numerosas cátedras indoeuropeas foron creadas en honra súa. Tivo problemas porque foi acusado tanto de francmasón como de filonazi, motivos polos cales foi apartado temporalmente do seu traballo.

A trifuncionalidade editar

Artigo principal: Trifuncionalidade indoeuropea.

A súa tese fundamental é que toda sociedade se estrutura ao redor das tres funcións mencionadas. Atopa exemplos nas clases sociais, o vocabulario e os mitos. A función relixiosa ocúpase da relación co sagrado ou a lei, a guerreira defende a terra e a terceira ocúpase da terra, da familia e de producir. O poder adoita estar dividido entre as dúas primeiras, con predominio da sacra.

Os pobos iranianos, por exemplo, distinguían entre os fortes, os intelixentes e a fecundidade. Igualmente a mitoloxía romana venera unha tríade divina formada por Xúpiter (deus supremo), Marte (deus da guerra) e Quirino (deus da fertilidade). Platón dividía xustamente a súa república ideal entre os campesiños (que tiñan a alma concupiscible máis desenvolvida), os soldados (aos cales correspondía a alma irascible) e os filósofos (de alma racional). As castes da India (brahmana, realeza guerreira e pobo raso) e os estamentos da idade media (clero, nobreza baseada nos cabaleiros e pobo raso) son outra proba.

Este esquema tripartito foi aplicado con éxito a outros campos de estudo sociais e literarios, incluíndo os contos clásicos e populares. Unha das excepcións indoeuropeas é a división do panteón nórdico, de dúas ramas.

Obra editar

  • Mythes et dieux des Germains - Essai d'interprétation comparative, Presses universitaires de France (PUF), 1939
  • Mitra-Varuna - Essai sur deux représentations indo-européennes de la Souveraineté, PUF, 1940.
  • Jupiter Mars Quirinus, Gallimard, composto por:
    • Essai sur la conception indo-européenne de la société et sur les origines de Rome, 1941
    • Naissance de Rome, 1944
    • Naissance d'archanges-Essai sur la formation de la religion zoroastrienne, 1945
    • Explication de textes indiens et latins, 1948
  • Les Mythes romains, Gallimard, en 4 vols.:
    • Horace et les Curiaces, 1942
    • Servius et la Fortune - Essai sur la fonction sociale de louange et de blâme et sur les éléments indo-européens du cens romain, 1943
    • Tarpeia - Cinq essais de philologie comparée indo-européenne, 1947
  • Loki, GP Maisonneuve, 1948
  • L'Héritage indo-européen à Rome, Gallimard, 1949
  • Le Troisième Souverain - Essai sur le dieu indo-iranien Aryaman et sur la formation de l'histoire mythique de l'Irlande, GP Maisonneuve, 1949
  • Les Dieux indo-européens, PUF, 1952
  • Rituels indo-européens à Rome, Klincksieck, 1954
  • Déesses latines et mythes védiques , Latomus, 1956
  • Aspects de la fonction guerrière chez les Indo-Européens, 1956
  • Contes et légendes des Oubykhs, publicado polo Institut d'Ethnologie, 1957
  • Contes lazes, publicado polo Institut d'Ethnologie, 1957
  • L’Idéologie tripartite des Indo-Européens, Latomus, 1958
  • Études oubykhs, Maisonneuve, 1959
  • Les Dieux des Germains, essai sur la formation de la religion scandinave, PUF, 1959
  • Documents anatoliens sur les langues et les traditions du Caucase , Maisonneuve, 1960-67
  • Le Livre des héros, légendes ossètes sur les Nartes, Gallimard, 1965
  • La Religion romaine archaïque, avec un appendice sur la religion des Étrusques , Payot, 1966
  • Mythe et Épopée, Gallimard, su obra mayor, consta de tres tomos:
    • L’Idéologie des trois fonctions dans les épopées des peuples indo-européens, 1968
    • Types épiques indo-européens : un héros, un sorcier, un roi, 1971
    • Histoires romaines, 1973
  • Idées romaines, Gallimard, 1969
  • Heur et Malheur du guerrier, aspects de la fonction guerrière chez les Indo-Européens, PUF, 1969
  • Du mythe au roman, la Saga de Hadingus et autres essais, PUF, 1970
  • Fêtes romaines d’été et d’automne, suivi de Dix Questions romaines , Gallimard 1975
  • Le Verbe oubykh, études descriptives et comparatives,Académie des inscriptions et belles-lettres, 1975
  • Les Dieux souverains des Indo-Européens , Gallimard, 1977
  • Romans de Scythie et d’alentour , Payot, 1978
  • Mariages indo-européens, suivi de Quinze Questions romaines, Payot, 1979
  • Apollon sonore et autres essais, Gallimard, 1982
  • La Courtisane et les Seigneurs colorés, et autres essais - 25 esquisses de mythologie, Gallimard, 1983.
  • Le Moyne noir en gris dedans Varenne - Sotie nostradamique, Gallimard, 1984
  • L’Oubli de l’homme et l’honneur des dieux, Gallimard, 1985
  • Le Roman des jumeaux - Esquisses de mythologie, Gallimard, 1995, ed. póst. de Joël Grisward.