Georges Brassens

cantautor francés

Georges Brassens, nado en Sète o 22 de outubro de 1921 e finado en Saint-Gély-du-Fesc, preto de Montpellier, o 29 de outubro de 1981, foi un poeta e cantautor francés.

Georges Brassens
Georges Brassens en concerto no TNP, París, 1966.
Nome completoGeorges Charles Brassens
Data nacemento22 de outubro de 1921
Nado enSète, Francia, o 22 de outubro de 1921
Falecemento29 de outubro de 1981
 Saint-Gély-du-Fesc
Causacancro
SoterradoSete (Le Py) Cemetery
Ocupaciónpoeta, cantautor, intérprete de banxo, guitarrista, escritor, cantante, compositor, chansonnier e actor
XéneroChanson, cantautor
Selo(s) discográfico(s)Universal Music
Na rede
IMDB: nm0105467 Allocine: 10020 Rottentomatoes: celebrity/georges_brassens Allmovie: p8147
Youtube: UC3_2Y8OTKzRN89VCwfXEL0Q Spotify: 5UWyW1PcEM8coxeqg3RIHr iTunes: 13452274 Last fm: Georges+Brassens Musicbrainz: b58165ba-ac55-49a1-8855-caf16c68f5f2 Discogs: 278663 Allmusic: mn0000541940 Find a Grave: 8095 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Acadou a fama mercede ás melodías das súas cancións, sinxelas e elegantes, e ás súas letras, variadas e elaboradas. Está considerado un dos mellores poetas franceses da posguerra, así foi que conta co premio nacional de poesía, que recibiu en 1967. Puxo música a poemas de moitos outros escritores, como Louis Aragon, Victor Hugo ou Jean Richepin. Entre os anos 1952 e 1976 gravou 14 álbums.

Non acostumaba actuar fóra do seu país. Porén, foi versionado en castelán por Paco Ibáñez, que cantou varias das súas cancións, traducidas por Pierre Pascal. Unha das máis coñecidas desta serie foi La mala reputación (La mauvaise réputation), que tamén versionou o cantante de rock Loquillo[Cómpre referencia].

Tamén foi traducido ó castelán por Agustín García Calvo, Javier Krahe, Joaquín Carbonell e polo cantautor chileno Eduardo Peralta, que ten un disco completo dedicado a Brassens.

En catalán foi versioneado nos 60 por Josep Maria Espinàs, e posteriormente polo cantautor Miquel Pujadó.

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar