George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un exfutbolista e político liberiano, presidente do país entre 2018 e 2024. É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.

Infotaula de personaGeorge Weah

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Manneh Oppong Weah Editar o valor em Wikidata
1 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Monrovia, Liberia Editar o valor em Wikidata
25º Presidente de Liberia
22 de xaneiro de 2018 – 22 de xaneiro de 2024
← Ellen Johnson-SirleafJoseph Boakai (pt) Traducir →
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Member of the Senate of Liberia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia (2015–)
Francia (–2005)
Liberia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade DeVry (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso76 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoCongress for Democratic Change (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaLiberia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1981-1984 Young Survivors (en) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido)
1984-1985 Bong Range United (en) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido)
1985-1986 Mighty Barrolle (en) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido)
1986-1987 Invincible Eleven (en) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido)
1987-1988 Tonnerre Kalara Club de Yaoundé (pt) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido)
1988-1992 AS Monaco FC 103(47)
1992-1995 Paris Saint-Germain 96(32)
1995-2000 A.C. Milan 114(46)
2000-2000 Manchester City 7(1)
2000-2000cesión Chelsea F.C. 11(3)
2000-2001 Olympique de Marsella 19(5)
2001-2003 Al-Jazira Club (pt) Traducir valor descoñecido(valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1986-2018   Selección de fútbol de Liberia 75(18) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2002Campeonato Africano das Nações de 2002 (pt) Traducir
1996Campeonato Africano das Nações de 1996 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClar Marie Weah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosTimothy Weah, George Weah Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesChristopher Wreh (en) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: GeorgeWeahOff Instagram: george_weah_official FIFA: 2187 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de xogar en varios equipos do seu país natal e do Camerún, en 1988 fichou polo AS Mónaco francés, do que en 1992 pasou ao PSG, co que ganou unha Copa de Francia (1993) e unha Copa da Liga (1994). A súa actuación na Liga de Campións de Europa valeulle ser fichado en 1994 polo AC Milán, por cerca de 11.000 millóns de liras. Con este equipo gañou varios scudettos, o último deles en 1998-99. Tamén obtivo tres veces o Balón de Ouro africano (1989, 1994 e 1995), unha vez o Balón de Ouro europeo (1995), e foi escolleito pola FIFA o mellor futbolista do mundo en 1995. Mantívose no elenco rossonero até o 2000, ano no que fichou polo Chelsea F.C. inglés. Logo pasou ao Manchester City, e de aí volveu a Francia; o Olympique de Marsella sería o seu último equipo en Europa. Despois de xogar no Al Jazira dos EAU, retirouse da actividade en 2003.

Política editar

En 2005 fixo incursión no mundo da política ao presentarse como candidato á presidencia do seu país, mais foi derrotado nos comicios por Ellen Johnson-Sirleaf.

Weah foi finalmente elixido presidente de Liberia nas eleccións de 2017, nas que derrotou o vicepresidente Joseph Boakai,[1][2] e xurou o cargo o 22 de xaneiro de 2018.[3]

Notas editar

  1. Liberia’s election threatens its fragile stability Financial Times, 8 de abril 2016
  2. "Weah maintains lead in Liberia election's early results". News24 (Naspers). The Associated Press. 14 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  3. “Liberia: George Weah sworn in as president”. Al Jazeera. Consultado o 22 de marzo de 2018