George Benson

músico estadounidense

George Benson, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 22 de marzo de 1943, é un guitarrista estadounidense de jazz. Fixo tamén algunhas achegas ao jazz vocal (a súa voz é grave e o seu canto similar ao de artistas como Stevie Wonder e Donny Hathaway). Trátase dun dos artistas de jazz máis populares das últimas décadas, sendo moi eloxiado por parte da crítica.

George Benson
George Benson no ano 2009.
Nome completoGeorge Benson
Data nacemento22 de marzo de 1943 (81 anos)
Nado enPittsburgh, Pensilvania, Estados Unidos
Ocupacióncompositor, músico, cantor
Xénerojazz, funk, rhythm and blues, soul
Tempo en activo1963 - presente
Na rede
http://georgebenson.com
IMDB: nm1050796 Facebook: GeorgeBenson Twitter: gbguitar Instagram: georgebensonguitar MySpace: georgebensonmusic Youtube: UChrbSeE9HULE3VBPAMr2dtw Spotify: 4N8BwYTEC6XqykGvXXlmfv iTunes: 1523080 Last fm: George+Benson Musicbrainz: 467f69b6-8d6d-4d2c-bfad-e89adf2806ff Songkick: 48535 Discogs: 2266 Allmusic: mn0000201760 WikiTree: Benson-8102 Deezer: 1204042 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Virtuoso da guitarra dende neno, gravou o seu primeiro tema "It should have been me" á idade de 10 anos. A súa música abarcou tanto o swing e o bop como o hard bop, o quiet storm e a fusión do jazz co pop e o soul. En Benson pódense recoñecer as influencias de Charlie Christian e Wes Montgomery. É un guitarrista cun gran dominio da velocidade de execución e do swing.

Benson comezou a súa carreira artística como cantante, actuando en clubs nocturnos aos oito anos e gravando catro caras para o selo X de RCA en 1954. Formou tamén unha banda de rock aos 17 na que xa tocaba a guitarra. Ao escoitar gravacións de Christian, Montgomery e Charlie Parker comezou a interesarse no jazz e, cara ao 1962, empezou a tocar na banda de Brother Jack McDuff. Tras formar o seu grupo en 1965, Benson gravou dous discos de soul jazz e hard bop para Columbia e colaborou noutros discos con artistas como Miles Davis, en Miles in the Sky. Asinou coa Verve Records en 1967 e, trala morte de Montgomery, o produtor Crede Taylor fíxolle gravar con grandes conxuntos en A&M (1968-1969) e CTI (1971-1976).

Estes discos convertérono nunha estrela dentro do mundo do jazz, empezando a adquirir popularidade tras prodigarse máis no vocal e asinar coa Warner Bros. en 1976. O seu primeiro disco para esta compañía, Breezin', converteuse nun éxito grazas ao seu só vocal na canción "This Masquerade" o que lle levou a frecuentar a fusión co pop, cuxa culminación foi o disco producido por Quincy Jones, Give Me the Night (1980). Durante os anos oitenta frecuentou material comercial deixando a súa guitarra unicamente como acompañamento. A finais dos oitenta, volveu ao jazz gravando o disco Tenderly, e outro coa banda de Basie, nos que a súa guitarra volveu ter protagonismo. A seu oscilación entre o jazz e o pop foi frecuente desde entón.