Geoffrey Chaucer

escritor, filósofo e diplomático inglés

Geoffrey Chaucer, nado contra 1340 e finado en 1400, foi escritor, filósofo e diplomático inglés. Coñecido como o pai da literatura inglesa, é amplamente considerado como o meirande poeta inglés da Idade Media. Foi o primeiro poeta en ser soterrado na Poet's Corner da Abadía de Westminster. ó tempo que acadou gran fama durante a súa vida como autor, filósofo, químico e astrónomo, Chaucer tamén mantivo unha activa carreira no servizo civil como burócrata e diplomático. Entre os seus traballos, nos que se inclúen The Book of the Duchess, House of Fame, Legend of Good Women e Troilus and Criseyde, destaca pola obra Os contos de Canterbury. Chaucer é unha figura crucial no desenvolvemento da lexitimidade da lingua vernácula, o inglés medio, nun tempo no que as linguas dominantes na literatura de Inglaterra eran o francés e o latín.

Infotaula de personaGeoffrey Chaucer
Biografía
Nacemento1343
Londres, Inglaterra
Morte25 de outubro de 1400 (56-57 anos)
Londres
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Member of the 1386 Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Kent (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBurocracia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor, filósofo, diplomático
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés medio e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePhilippa Roet
FillosThomas Chaucer (en) Traducir, Elizabeth Chaucer (en) Traducir, Lewis Chaucer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohn Chaucer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Agnes Copton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IBDB: 10081
Musicbrainz: 44cf72ed-e8aa-4345-9912-dad6b448cac3 Discogs: 1326771 IMSLP: Category:Chaucer,_Geoffrey WikiTree: Chaucer-7 Find a Grave: 4052 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Escribiu en inglés medio ou Middle English, contribuíndo á superación da literatura inglesa en Latín. Introduce o pareado de pentámetros como forma estilística, a cal dota dunha menor pesadez ao verso, e considérase como un dos grandes poetas da lingua inglesa. Chaucer viviu como unha especie de agregado da corte, o que lle garantiu excelente educación e tamén a posibilidade de dedicarse ás letras.

Durante a Guerra dos Cen Anos, en que participou como combatente, fixérono prisioneiro na Francia, o que lle rendeu o contacto coa poesía cortés, o que aguza o seu ouvido de poeta para a musicalidade. O seu interese pola poesía de corte foi crecente e acabou por xerar unha tradución do famoso Roman de la Rose.[1]

Posibelmente no ano de 1343, fillo dun próspero mercador de viños, Geoffrey Chaucer conseguiu sobrevivir na infancia á peste negra. Cando era novo, tivo excelente formación ao se tornar paxe da corte do rei Eduardo III, consagrándose como un tradutor de sona do francés e do latín. De aí incorpora nos seus Contos de Canterbury, iniciados en 1386, pasaxes enteiras de obras como Roman de la Rose de Guillaume de Lorris e da Consolatione philosophiae do filósofo Boecio.

 
Chaucer retratado como peregrino, no manuscrito Ellesmere dos Contos de Canterbury

Mais aínda o mundo amplióuselle coas súas misións diplomáticas cumpridas entre 1370-1378. Home educado na corte, afeito aos tratados, enviárono a Flandres, a Navarra, a Francia e a Italia, onde entrou en contacto directo coas obras de Dante, de Boccaccio e de Petrarca (a quen consta ter coñecido persoalmente). A riqueza filolóxica que o cercaba foi incorporada á súa obra, dotando a lingua inglesa, desde aqueles tempos, da abertura e plasticidade que a fixo un idioma universal por excelencia, sempre pronto a acoller as contribucións estranxeiras vindas das mais diversas procedencias.

Chaucer morreu o 25 de outubro de 1400. Perturbado pola deposición de Ricardo II, ocorrida en 1399, o novo monarca Henrique Bolingbroke (ambos os reis serían futuros personaxes de Shakespeare). Porén, restauroulle a pensión que lle fora retirada, impedindo que outras desgrazas o perturbasen, mais entón xa foi tarde. El foi o primeiro home de letras en ser enterrado en Westminster, a abadía que abrigaba as sepulturas reais da Inglaterra.

Obras editar

e lA primeira obra de importancia de Chaucer foi, "O libro da duquesa" (The Book of the Duchess), unha elexía a Branca de Lancaster (falecida no ano 1369). É posible que o traballo fose encargado polo seu marido, Xoán de Gante xa que o mesmo outorgoulle unha renda anual de £10 o 13 de xuño de 1374. Isto situaría a redacción do Libro da Duquesa entre os anos 1369-1374. Outros dous traballos temperáns de Chaucer serían Anelida and Arcite e a "Casa da fama". A maior parte dos seus traballos máis recoñecidos escribiunos no período aquel cando mantivo o seu posto como contralor nas aduanas de Londres (1374-1386). O seu "Parlamento das aves" (Parlement of Foules), "A lenda das boas mulleres" e "Troilo e Crésida" datan todas desta época. Tamén se cre que comezou a traballar nos "Contos de Canterbury" a principio da década de 1380. Por estes últimos é polos que Chaucer é máis coñecido, os mesmos son unha colección de historias contadas por peregrinos ficticios en camiño cara á catedral en Canterbury; contos que axudarían a modelar a literatura inglesa.

"Os contos de Canterbury" contrastan coa literatura da época no naturalismo da súa narrativa, na variedade de historias que os contan e nos distintos personaxes que se atopan durante a peregrinación. Moitas das historias relatadas polos peregrinos parecen encaixar coas súas historias individuais e coa súa posición social, a pesar de que outras das mesmas non encaixan cos seus narradores. Chaucer buscou ao parecer na experiencia da súa vida ao tomar os peregrinos da súa historia: o posadeiro dos contos comparte o nome cun contemporáneo de Southwark, e outros personaxes como a "Muller de Bath", o mercador e o home de leis como tamén o estudante serían tomados da vida real. Probablemente a gran variedade de traballos que tivo Chaucer levárono a atoparse cos 'tipos' de persoas retratadas nos seus contos. Foi capaz de modelar a fala e satirizar as maneiras das mesmas persoas nas que a súa literatura se tornaría popular.

Os traballos de Chaucer tradicionalmente agrúpanse en períodos: O francés, o italiano e finalmente o inglés. Sendo Chaucer influenciado polas literaturas respectivas de cada país. Certamente "Troilo e Crésida" é un traballo do período italiano que subxace nas formas da poesía italiana, pouco coñecida en Inglaterra neses tempos, pero que Chaucer probablemente coñecería nas súas viaxes frecuentes ao exterior como parte da corte. Ademais, o uso dun tema clásico e da súa linguaxe refinada e elaborada pono á parte como un dos seus traballos máis completos e ben desenvolvidos. En "Troilo e Crésida" Chaucer extrae moito da súa fonte, Boccaccio e do filósofo romano Boecio. Con todo, é en "Os contos de Canterbury" onde se enfoca en personaxes máis ingleses, incluíndo bromas un tanto obscenas e figuras socialmente respectadas ás veces menoscabadas con humor, onde a súa reputación cimentouse en gran parte.

Chaucer ademais traduciu outros traballos importantes como a Consolación da filosofía de Boecio e o Roman de la rose de Gillaume de Lorris (seguida por Jean de Meung). Con todo, mentres algúns estudosos manteñen que Chaucer traduciu de feito parte do texto da Roman de la Rose como The Romaunt of the Rose, outros pensan que isto foi xa efectivamente refutado. Moitos dos seus outros traballos foron traducións bastante libres de traballos da Europa continental ou simplemente baseados neles. É neste papel de tradutor no cal Chaucer recibe algunhas das súas primeiras críticas favorables. Eustache Deschamps escribiu unha balada sobre o gran tradutor e chamouse a si mesmo como "unha ortiga no xardín da poesía de Chaucer". En 1385, Thomas Usk fai unha mención favorable a Chaucer e John Gower, o principal rival poético de Chaucer nesa época, tamén o eloxia. Tal referencia de Gower logo é extraída da edición da súa Confessio Amantis e ao parecer sería por certo desgusto entre os autores, pero o máis probable é que se debeu simplemente a consideracións estilísticas.

Outro importante traballo de Chaucer é o seu Tratado do astrolabio, posiblemente dedicado ao seu propio fillo Lewis, que describe a forma e uso do instrumento en detalle. A pesar de que a maior parte do texto viría doutras fontes, o tratado ofrece un indicio de que Geoffrey era coñecedor de tal ciencia ademais dos seus talentos literarios. Outro traballo científico descuberto en 1952, Equatorie of the Planetis, posúe unha linguaxe similar e unha escritura manuscrita semellante á de Chaucer e ademais continúa con moitas das ideas comezadas no "astrolabio". Aínda máis, contén un dos primeiros exemplos de cifrado europeo.[2] A atribución deste último traballo a Chaucer é aínda pouco certa e discutida.

As seguintes obras principais atópanse ordenadas en estrita orde cronolóxica malia que os estudosos aínda debaten se as coleccións de historias deben ou non ser compiladas sobre un período máis vasto.

Obras maiores editar

Poemas curtos editar

 
Balade to Rosemounde
  • An ABC
  • Chaucers Wordes unto Adam, His Owne Scriveyn
  • The Complaint unto Pity
  • The Complaint of Chaucer to his Purse
  • The Complaint of Mars
  • The Complaint of Venus
  • A Complaint to His Lady
  • The Former Age
  • Fortune
  • Gentilesse
  • Lak of Stedfastnesse
  • Lenvoy de Chaucer a Scogan
  • Lenvoy de Chaucer a Bukton
  • Proverbs
  • Balade to Rosemounde
  • Truth
  • Womanly Noblesse

Poemas de autoría en dúbida editar

  • Against Women Unconstant
  • A Balade of Complaint
  • Complaynt D'Amours
  • Merciles Beaute
  • The Equatorie of the Planets

Obras presumiblemente perdidas editar

  • Of the Wreched Engendrynge of Mankynde
  • Origenes upon the Maudeleyne
  • The Book of the Leoun

Traballo espurio editar

Obras derivadas editar

No cinema editar

O filme Destino de cabaleiro (2001) protagonizado por Heath Ledger, baseaouse no primeiro dos Contos de Canterbury. Na súa honra, un dos personaxes da longametraxe leva o seu nome, e cara ao fin da mesma augura "quizais debería escribir esta historia".

Notas editar

  1. Panorama da Literatura Inglesa. Caderno Entre Livros - Clássicos, nº 1. Editora Duetto. São Paulo (2007).
  2. Simon Singh: The Code Book, page 27. Fourth Estate, 1999

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chaucer: Life-Records, Martin M. Crow e Clair C. Olsen. (1966)
  • Hopper, Vincent Foster, Chaucer's Canterbury Tales (Selected): An Interlinear Translation, Barron's Educational Series, 1970, ISBN 0-8120-0039-0
  • Morley, Henry, A first sketch of English literature, Cassell & Co., 1883, from Harvard University
  • Skeat, W.W., The Complete Works of Geoffrey Chaucer. Oxford: Clarendon Press, 1899.
  • Speirs, John, "Chaucer the Maker", Londres: Faber and Faber, 1951
  • The Riverside Chaucer, 3rd ed. Houghton-Mifflin, 1987 ISBN 0-395-29031-7

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar