Angela Maria "Geli" Raubal, nada en Linz o 4 de xuño de 1908 e finada en Múnic o 18 de setembro de 1931, foi unha sobriña de Adolf Hitler célebre pola estreita relación afectiva que mantivo con este, que rematou co seu aparente suicidio.

Infotaula de personaGeli Raubal
Biografía
Nacemento(de) Angela Maria Raubal Editar o valor em Wikidata
4 de xuño de 1908 Editar o valor em Wikidata
Linz (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Múnic Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena, Gruppe 23E, Reihe 2, Nummer 73 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCisleitania
Imperio Alemán
Austria
República de Weimar Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaEmil Maurice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiAngela Hitler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLeo Rudolf Raubal Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAdolf Hitler (tío)
William Patrick Stuart-Houston (pt) Traducir (curmán entregue)
Heinz Hitler (curmán entregue)
Alois Hitler (pt) Traducir (avó materno)
Johann Georg Hiedler (pt) Traducir (bisavó)
Maria Schicklgruber (pt) Traducir (bisavó (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7297671 WikiTree: Raubal-4 Find a Grave: 22116 Editar o valor em Wikidata
Raubal e Hitler viviron no segundo andar desta casa en Prinzregentenplatz 16

Traxectoria editar

Os seus pais eran Angela Raubal (filla do segundo matrimonio do pai de Hitler con Franziska Matzelsberger) e Leo Raubal (inspector da facenda). Geli era o familiar con quen mellor se entendía Hitler. Geli quedou orfa de pai en 1910 e a familia conseguiu saír adiante grazas á axuda da irmá do seu pai, Maria Raubal. En 1915 Geli trasladouse a Peilstein ao coidado da súa tía, mentres a súa nai buscaba traballo en Viena, cidade á que tamén se trasladou Geli en 1917, e permaneceu alí ata 1921 cando de novo volveu a Linz.

En 1927 trasladouse a Múnic para estudar medicina e afondou na relación amorosa que mantiña con Emile Maurice, chofer de Hitler, dende 1926. A relación contou coa oposición de Hitler e acabou arrefriando. En 1929 deixou a pensión na que residía dende 1927 e pasou a vivir na residencia do seu tío. O 18 de setembro de 1931 Geli apareceu morta por un disparo no pulmón, e o forense ditaminou suicidio. Non se sabe a causa do seu suicidio, había rumores que Geli e Hitler eran amantes, algo que nunca se puido probar. Outros rumores apuntan a que foi Hitler quen a matou, pero o día da morte Hitler estaba fóra da cidade nun mitin do Partido Nazi. Outras fontes afirman que Geli suicidouse por celos de Eva Braun.

Algunhas fontes afirman que Hitler se fixo vexetariano por causa da morte de Geli en 1931, pero o certo é que xa dende 1924 poucas veces comía carne. Consérvanse espidos de Geli asinados por Hitler, pero non hai certeza de que sexan auténticos.