Gavrilo Princip (o seu apelido é ás veces transcrito Prinzip e Printsip), nado en Obljaj (Bosnia e Hercegovina) o 25 de xullo de 1894 e finado en Terezin o 28 de abril de 1918, foi un nacionalista serbio, coñecido por asasinar en 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria.

Infotaula de personaGavrilo Princip

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sr) Гаврило Принцип Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1894 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Obljaj (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1918 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Theresienstadt Small Fortress (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaVidovdan Heroes chapel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaraxevo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor em Wikidata
EducaciónFirst Belgrade Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAsasinato de Saraievo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Saraxevo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónrevolucionario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Outro
FamiliaQ31182974 Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor
ParentesSlobodan Princip (en) Traducir (sobrinho fraterno (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Condenado porasasinato Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
28 de xuño de 1914Asasinato de Saraievo Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1532728 WikiTree: Princip-1 Find a Grave: 6758252 Editar o valor em Wikidata
Gavrilo Princip en Theresienstadt.

Traxectoria editar

Membro da sociedade Xove Bosnia (Mlada Bosnia) desde 1912, asasinou o 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro do trono austro-húngaro, e a súa esposa a duquesa de Hohenberg, de solteira condesa Sophie Chotek.

A Bosnia Moza propugnaba a unión dese país con Serbia, pois por entón aínda formaba parte do Imperio austro-húngaro. O atentado contou coa participación, ademais da de Princip, coa doutros cinco compañeiros. O grupo estaba armado con pistolas e bombas, fornecidas pola sociedade secreta Man Negra (Crna Ruka), que contaba con simpatizantes da oficialidade serbia e mesmo a austríaca. O obxectivo da Man Negra era modificar o xa vello imperio dual austro-húngaro ampliándoo nun imperio trilateral servo-austríaco-húngaro. A arma que usou Princip foi unha pistola semiautomática Browning M 1910, do calibre 7,65 mm. Só dous dos perpretantes do atentado foron detidos pola policía, Gavrilo e máis o seu amigo Nedeljko Čabrinović. O resto dos secuaces non puideron entrar en acción e refugaron darse a coñecer.

Este sucedido, no contexto tenso da época, tivo repercusións que conduciran ao estoupido da primeira guerra mundial.

Princip morreu, oficialmente, de tuberculose durante o seu encarceramento, mais probabelmente fose máis ben a causa da fame e do frío provocados pola actitude dos oficiais austríacos que o custodiaban.

Princip foi escollido entre os conxurados para disparar sobre o arquiduque, aínda que tamén é certo que a súa xove idade podía evitarlle as peores consecuencias en caso de ser detido; de xeito que a data do seu nacemento non era un feito secundario.

Princip morreu na fortaleza de Theresienstadt, hoxe en día denominada Terezin, na República Checa, que sería posteriormente utilizada como campo de concentración durante a segunda guerra mundial.