Gavin Rossdale

músico británico

Gavin McGregor Rossdale, nado en Kilburn (Londres) o 30 de outubro de 1965[1], foi o vocalista e guitarrista do xa desintegrado grupo británico Bush. Posteriormente tamén foi vocalista de guitarrista da agrupación Institute, e na actualidade fai carreira en solitario.

Infotaula de personaGavin Rossdale

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWestminster School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actor , actor de cinema , compositor de cancións , guitarrista , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e Grunge Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoInterscope Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGwen Stefani (pt) Traducir (2002–2015), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaSophia Thomalla (pt) Traducir (2017–2018) Editar o valor em Wikidata
FillosDaisy Lowe (pt) Traducir
 () Pearl Lowe (pt) Traducir
Zuma Rossdale (en) Traducir
 () Gwen Stefani (pt) Traducir
Kingston Rossdale
 () Gwen Stefani (pt) Traducir
Apollo Rossdale (en) Traducir
 () Gwen Stefani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webgavinrossdale.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0569962 Twitter: GavinRossdale Instagram: gavinrossdale MySpace: gavinrossdale Youtube: UCKmwXi62EjP37FkJX0kTzsg Spotify: 6lBam1B1t8wpnH7pJHWnj6 iTunes: 5633299 Last fm: Gavin+Rossdale Musicbrainz: d530dad4-81e5-4874-808a-d708039289fb Songkick: 869144 Discogs: 111425 Allmusic: mn0000190745 WikiTree: Rossdale-1 Genius: Gavin-rossdale Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Os seus pais Lucy Stephan (n. Escocia) e Douglas Rossdale (médico de ascendencia xudía), divorciáronse cando el tiña once anos, sendo criado polo seu pai e a súa tía (a súa nai volveu casar e mudouse a Florida). Ten unha irmá máis nova, Soraya, e unha maior, Lorraine.

Rossdale modelou por curto tempo coa súa amiga e posiblemente ex-amante Marilyn. Gavin aprendeu a tocar a guitarra co mozo de Lorraine, que estaba nunha banda chamada The Nobodyz. Con 17 anos deixou a escola de Westminster e formou unha banda chamada Midnight (anteriormente Little Dukes), coa que produciu un par de sinxelos e bastante publicidade. En 1991 Gavin trasladouse aos Ánxeles por 6 meses, vivindo onde puido e con varios traballos de media xornada, incluíndo o de axudante de produción en vídeos. Pasou algún tempo na cidade de Nova York co seu bo amigo Bill MacAdam, regresando a Inglaterra inspirado para iniciar unha nova banda. Fixo unión co seu futuro representante Scottie Mac, ó que coñecera nos Ánxeles. En 1992 formou Future Primitive, que incluía na formación orixinal (baixo o nome de The Diceheads) ó guionista Sacha Gervasi. A banda mudou de nome por Bush no verán de 1994, editando o promo da súa primeira produción Sixteen Stone.

Actualmente esta casado coa cantante Gwen Stefani, coa que ten un fillo, Kingston.

Bush editar

Gavin foi o vocalista e compositor da banda británica Bush. O seu primeiro álbum, Sixteen Stone (1994), foi un éxito comercial enorme. Case da noite á mañá Bush pasou de tocar en lugares pequenos de Londres a encher centros de espectáculos nos Estados Unidos, resultado de extensas xiras continuas. Porén, algúns críticos etiquetáronnos como un derivado inferior de bandas como Nirvana ou Pixies, crítica que continuaría a través da súa carreira como banda. Particularmente, a voz de Rossdale e os seus monólogos interiores, foron estimados por algúns como imitación do vocalista de Nirvana, Kurt Cobain.

Aínda que a banda acadou o superestrelato nos Estados Unidos, non puido ter moito impacto nos charts ingleses do Brit-Pop, sendo a única excepción o seu sinxelo “Swallowed”, que acadou o posto 7º. Un cambio de discográficas, a administración e un hiato estendido, non foron bo presaxio para a banda, que extraoficialmente se desintegrou no 2002.

Despois de Bush editar

No 2004, despois de que Bush estivera sen actividade durante dous anos, Rossdale formou Institute. O seu primeiro álbum, Distort Yourself, obtivo un éxito moderado. Lanzado o 13 de setembro de 2005, tivo como único sinxelo a canción “Bullet-proof skin”, que foi utilizada no filme A ameaza invisible.

Rossdale apareceu na banda sonora da película XXX no 2002, cunha canción chamada “Adrenaline.” A canción foi tamén o tema oficial do evento por paga Unforgiven en setembro de 2002.

No 2005 Rossdale apareceu no filme Constantine, onde tivo o papel do malvado Balthazar. Rossdale tamén apareceu nos filmes Zoolander (2001), The Mayor of Sunset Strip (2003), Little Black Book (2004) e The Miracle Match (2005).

Notas editar

  1. arquivo de alumnos de Westminster Arquivado 13 de maio de 2007 en Wayback Machine. - se ben a biografía de fans Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine. afirma que o seu ano de nacemento é 1967

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar