Gatocán (en inglés: CatDog) foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan.

GatoCán
FormatoAnimación
Creado porPeter Hannan
IntérpretesAnimación
País de orixeEstados Unidos
Episodios68 (134 segmentos)
Produción
Duración30 minutos por episodio, 15 por segmento
Emisión orixinal
Canle de orixeNickelodeon
Primeiro episodio4 de abril de 1998
Derradeiro episodio15 de xuño de 2005
Na rede
http://www.nicksplat.com/social-wall/cat-dog
IMDB: tt0154061 Allocine: 5008 Rottentomatoes: tv/catdog TV.com: shows/catdog Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.

GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.

GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.

O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público preescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos. No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no ano 2004.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar