Gathering of Nations

O Gathering of Nations (en galego "Reunión das Nacións") é un dos meirandes Pow wows dos Estados Unidos.[1] É celebrado anualmente a cuarta fin de semana de abril na cidade de Albuquerque, Novo México. Cada ano reúne milleiros de persoas e na edición do ano 2017, congregou a máis de 72 000.[2] Arredor de 500 tribos dos Estados Unidos e do Canadá viaxan a Albuquerque para participar. Hai 32 categorías de baile, e varias categorías diferentes dependendo da idade: anciáns (70+), maiores (55+), adultos (19+), adolescentes e cativos. Tamén se celebran competicións de canto e de grupos de percusión con tambores. O certame da Miss Mundo India celébrase tamén aquí cada ano. A gañadora é elixida pola súa personalidade, o coñecemento das tradicións tribais, e a súa capacidade de baile. Tamén hai un mercado indio con artistas, artesáns e comerciantes.

Gathering of Nations, Albuquerque, NM - abril 2007

Electric 49 editar

O Electric 49 era un concerto anual de música nativo americana que se facía na semana do Pow wow, pero xa non está asociado cos eventos oficiais do Gathering. O concerto foi organizado polo grupo Red Earth en 1998, e tivo oito edicións máis dende ese ano. Porén, dende 2006 xa non se celebra porque Red Earth permanece en hiato artístico.

Notas editar

  1. Larese, Steve (13 de abril de 2021). nationalgeographic.com, ed. "Experience the World's Largest Powwow". Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  2. Sapin, Rachel (17 de agosto de 2017). "Gathering of Nations announces 2018 dates". Albuquerque Business First. Consultado o 20 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar