Gaspar Melchor de Jovellanos

Baltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez, máis coñecido como Gaspar Melchor de Jovellanos, nado en Xixón o 5 de xaneiro de 1744 e finado en Veiga (Navia) o 28 de novembro de 1811[1], foi un escritor e político asturiano.

Infotaula de personaBaltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez
Nome orixinal(es) Gaspar Melchor de Jovellanos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Baltasar Melchor Gaspar María de Jovellanos Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1744 Editar o valor em Wikidata
Xixón
Morte27 de novembro de 1811 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Veiga (Navia)
Lugar de sepulturaCapilla de Nuestra Señora de los Remedios Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministro de Gracia y Justicia
Período10 de novembro de 1797-16 de agosto de 1798
Datos persoais
ResidenciaMuseu Jovellanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFilósofo,escritor e político
Membro de
LinguaLingua asturiana Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXosefa Xovellanos Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 33247 Find a Grave: 16210215 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Francisco Gregorio de Jovellanos (1706-1779) e Francisca Apolinaria de Jove-Ramírez de Miranda, descendente do marqués de San Esteban e dos marqueses de Valdecarzana. Tivo oito irmáns, entre eles a poeta Xosefa Xovellanos.

En 1757 comezou os estudos de Filosofía na Universidade de Oviedo, e en 1760, baixo a protección do bispo local, foi a Ávila para comezar os estudos de leis e canons e en 1764 foi ao Colexio Maior San Ildefonso de Alcalá[2] onde consegue o doutoramento en canons con vinte e un anos.[3] Logo de licenciarse ocupou en 1767 a praza de maxistrado da Real Audiencia de Sevilla. En 1775 foi un dos promotores da Sociedad Patriótica Sevillana, da que secretario de artes e oficios.

En 1778 conseguiu o traslado á Real Audiencia de Madrid, en parte grazas á influencia do duque de Alba, a quen tratara en Sevilla. En Madrid entra na tertulia de Campomanes, e en 1780 entrou no Consello de Ordes Militares. En 1782 formou parte da comisión que puxo en marcha o Banco de San Carlos, foi membro da xunta de comercio da Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid e dende decembro de 1784 o seu director. Plenamente integrado na vida cultural madrileño foi membro da Real Academia da Historia (1779), da Real Academia de San Fernando (1780) e da Real Academia Española (1781). Tras a caída do seu amigo Francisco de Cabarrus, Jovellanos viuse obrigado a marchar da Corte, establécese na súa cidade natal.

En 1790 redactou un Informe sobre espectáculos que lle encargara a Academia da Historia e viaxa por Asturias, Cantabria e País Vasco para coñecer a situación das minas de carbón e as perspectivas do seu consumo, Jovellanos xa se mostrara favorable ao aumento da produción, para o que era preciso liberalizar a explotación de mineral. tras as súas viaxes mineiras presentou nove informes cos resultados da súa comisión e conseguiu que se liberalizase parcialmente en 1793.

Entre 1790 e 1791 viaxa varias veces a Salamanca para encargarse da reforma dos Colexios das Ordes. Como subdelegado de camiños en Asturias (1792) tentou acelerar a conclusión das obras da estrada a Castela (que comezara en 1771), na procura de finalizar co illamento de Xixón, pero a falta de fondos imposibilitaría o seu remate.

A iniciativa de Jovellanos creouse en 1794 o Real Instituto Asturiano de Náutica e Minerealoxía en Xixón, no que tentou aplicar as ideas da Ilustración no ensino, dándolle prioridade ás ensinanzas prácticas.

Tras a alianza coa Francia revolucionaria, Manuel Godoy pretendía realizar certas reformas e contar cos máis importantes dos ilustrados, ofreceulle a Jovellanos o posto de embaixador en Rusia que este rexeitou, pero o 10 de novembro de 1797 aceptou o posto de ministro de Graza e Xustiza, dende alí tentou reformar da xustiza e diminuír a influencia da Inquisición, pero tras nove meses no goberno cesou o 16 de agosto de 1798 e volveu a Xixón. Alí proxectou a creación dunha Academia Asturiana que tería como función o estudo da historia e da lingua asturiana, e elaborou 200 papeletas de léxico do asturiano.

En decembro de 1800, tras a destitución de Mariano Luis de Urquijo como ministro de Estado e o regreso de Godoy ao poder, este ordenou a detención de Jovellanos o 13 de marzo de 1801 e o seu envío a Mallorca, primeiro ao mosteiro de Valldemossa e logo á prisión do castelo de Bellver. Durante os anos de prisión empeoraron os seus problemas físicos e aumentou a súa relixiosidade. Foi liberado o 6 de abril de 1808, tras o motín de Aranjuez. Rexeitou formar parte do goberno de Xosé Bonarparte e representou a Asturias na Xunta Central e dende alí contribuíu a reformar as Cortes. Tras instauración da Rexencia deixou Cádiz e chega a Muros o 6 de marzo de 1810, onde permaneceu varios meses e escribiu a xustificación política da súa actuación na Xunta Central, Memoria en defensa de la Junta Central, que se imprimiu na Oficina de don Francisco Cándido Pérez Prieto na Coruña. Vería publicada a primeira parte, no mes de setembro, mais non a segunda; os apéndices, que el consideraba dunha importancia crucial, non sairían ata finais de 1811, logo do falecemento de Jovellanos[4].

Logo da marcha dos franceses de Xixón, o 27 de xullo de 1811 deixou Galicia e volveu a Xixón, aínda que un contraataque dos franceses fixeron que tivera que marchar unha vez máis, xa enfermo de pulmonía morre en Veiga o 28 de novembro de 1811.[5]

Obra editar

Jovellanos escribiu poesía e teatro, aínda que os seus principais escritos foron ensaios de economía, política, agricultura, filosofía e costumes elaborados dende o espírito reformador do despotismo ilustrado. Entre elas destacan o Informe sobre la ley agraria que escribiu nunha primeira versión en 1787 pero que non enviou ata 1784 á Sociedade de Amigos do País de Madrid, quen a remitiu ao Consello de Castela e que se publicou en 1795. Nela Jovellanos móstrase partidario de eliminar os obstáculos á libre iniciativa, que dividía en tres clases: políticos, morais e físicos. Entre eles estaban os baldíos, a Mesta, a fiscalidade, a falta de coñecementos útiles dos propietarios e labregos, as malas comunicacións e a falta de regadíos, canles e portos. Para corrixir esta situación Jovellanos propón que os baldíos e montes en man común pasaran a propiedade privada, disolver a Mesta, cercar os terreos, e que os arrendamentos estivesen baseados no pacto libre entre os colonos e os propietarios, ademais da limitación dos morgados e a supresión da amortización eclesiástica ou da eliminación das trabas sobre os agricultores, alén da reforma dos impostos. A isto habería que engadir a reforma do ensino, para o facer máis práctico, dándolle máis importancia ás materias científicas, e o investimento do Estado en obras públicas. Estas medidas crearían as condicións para a constitución dun mercado de terras, un aumento da produción e a creación dun mercado nacional unificado que posibilitarían que aumentase a poboación e o seu nivel de vida que serviría de base para o inicio da industrialización.

Memoria sobre espectáculos y diversiones públicas e Cartas del viaje de Asturias. Nelas lóuvase o valor da razón fronte ás crenzas, crítica a política da época e dá ideas para potenciar o comercio e a industria.

Durante a súa estadía en Sevilla foi un dos participantes na tertulia de Pablo de Olavide, o que influíu para que comezase a escribir poesía amoroso e redactou a primeira versión da traxedia El Pelayo (1769) e a comedia El delincuente honrado (1773). Tamén traduciu o primeiro libro de Paradise Lost (Os paraísos perdidos).

Jovellanos impulsou melloras na súa cidade natal, como a estrada Xixón-León, que significou o traslado do comercio marítimo de Avilés a Xixón.

Notas editar

  1. "Biografía. Capítulo X - Últimos meses de Jovellanos" (PDF). jovellanos.org. p. 44. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15-12-2017. Consultado o 14-12-2017. 
  2. "Jovellanos, Gaspar Melchor". escritores.org. Consultado o 14-12-2017. 
  3. "Gaspar Melchor de Jovellanos". biografiasyvidas.com. Consultado o 14-12-2017. 
  4. "Memoria en defensa de la Junta Central". cervantesvirtual.com. Consultado o 5-1-2020. 
  5. Ruiz de la Peña, Álvaro. "Gaspar Melchor de Jovellanos (1744-1811)". cervantesvirtual.com. Consultado o 14-12-2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Álvarez, Manuel (2001). Jovellanos, el patriota. Madrid: Espasa Calpe. ISBN 84-239-9766-9
  • Caso, José (2004). Vida y obra de Jovellanos. Oviedo: Ed. Cajastur.
  • Sánchez Corredera, Silverio (2004). Jovellanos y el jovellanismo. Oviedo: Pentalfa Ediciones. ISBN 9788478485215 .