Coordenadas: 35°43′28″N 76°41′47″L / 35.724444444444, 76.696388888889

O Gasherbrum I é unha montaña de 8080 m de altitude que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e a China.

Gasherbrum I

Localización xeográfica
CordilleiraKarakorum
SerraHimalaia
Localización administrativa
LocalizaciónRepública Popular da China
Características xerais
Altitude8080 m
Montañismo
Primeira ascensión5 de xullo de 1958

Toponimia editar

En 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum, T. G. Montgomery nomeouno K5 por ser o quinto pico de dita cordilleira. Porén, en 1892 William Martin Conway deulle o nome de Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento. O topónimo Gasherbrum é un orónimo en lingua balti, formado polas palabras "rgasha" (fermosa) e "brum" (montaña).

Ascensións editar

A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.

No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.

O alpinista vigués Abel Alonso faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de facer cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderse nunha tormenta no descenso.[1]

Notas editar

  1. X. R. Castro (27 de xullo de 2013). "Una caída mortal acabó con la vida del alpinista Abel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán).