A Garda Síochána na hÉireann (do irlandés Gardians da Paz de Irlanda), máis comunmente coñecida como Garda Síochána ou simplemente Garda ou Gadaí, é a forza de policía da República de Irlanda. A forza está encabezada pola Comisión da Garda designada polo goberno irlandés. O seu cuartel xeral está situado no Parque Fénix de Dublín.

Automóbil da Garda Síochána

Historia editar

En febreiro de 1922 o goberno provisional de Irlanda do Sur instituíu a Garda Cívica para substituír a policía inglesa formada pola Royal Irish Constabulary.[1]

A Acta do 8 de outubro de 1923 (Garda Síochána Act), do goberno do Estado Libre de Irlanda, transformou a Garda Cívica na actual Garda Siochána.

En 1925, a Policía Metropolitana de Dublín, creada en 1836, foi incorporada á Garda actual, transformándoa na única forza policial do país, coa excepción da policía militar, a policía para as forzas armadas.

Organización editar

 
Motociclista

A Garda Siochána está dirixida polo Comisario da Garda, axudado por dous vicecomisarios encargados, respectivamente, da Dirección de Estratexia e Recursos e da Dirección de Operacións, esta última está destinada directamente ao combate directo contra os criminais.[2]

Existen dez comisarios adxuntos, seis con atribucións delimitadas por rexións e catro con responsabilidades de ámbito nacional. O director de finanzas non pertence ao cadro policial, máis recibe o cargo de comisario adxunto.

Irlanda está dividida en seis rexións policiais, cada unha delas dirixida por un comisario adxunto: Dublín, rexión metropolitana e Leste, Oeste, Norte, Sur e Suroeste.

As divisións policiais, un total de vinte e cinco, están dirixidas polos superintendentes xefes. Estas divisións están subdivididas en distritos ou delegacións, dirixidas por superintendentes, auxiliados por inspectores. Subordinados ás delegacións están os subdistritos, dirixidos por sarxentos. O efectivo está constituído por axentes, chamados gardas.

Tamén son admitidos funcionarios non policiais para levar a cabo as máis diversas funcións administrativas, como contadores, motoristas, técnicos de informática, fotógrafos etc. A área da saúde é de responsabilidade do “Médico Xefe” (CMO – Chief Medical Officer) .[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar