Ganesa Macula é un accidente xeolóxico de albedo escuro e de forma circular da lúa Titán do planeta Saturno. O seu nome procede do deus hindú Ganesha.

Ganesa Macula
Ganesa Macula, imaxe capturada por radar pola sonda Cassini.
Tipo de accidente xeolóxico Macula
Accidente xeolóxico de Titán
Diámetro 180 km [1]
Coordenadas 50° N 87,3 O[2]
Procedencia do nome Ganesha, deus hindú.
Ganesa Macula (un pouco cara a abaixo é a esquerda) nunha imaxe de radar tomada pola sonda Cassini, pódese observa-la súa forma circular cunha especie de cráter no centro.

Ganesa foi identificado de xeito confuso coma un domo criovolcánico: o resultado dunha mestura de auga e amoníaco que é expulsado dende o centro do domo e esparexéndose para formar un deposito en forma de 'tortilla'.[3] Pero imaxes en 3 dimensións de radar obtidas máis tarde pola sonda Cassini, entre o 26 de outubro do 2004 e o 13 de xaneiro do 2007, parecen desbota-la idea de que se trate dun domo[4], aínda que non se descarta que sexa de orixe criovolcánico.

Notas editar

  1. American Astronomical Society (aas.org) (ed.). "Shape and thermal modeling of the possible cryovolcanic dome Ganesa Macula on Titan: Astrobiological implications" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07/04/2014. Consultado o 19/04/2010. 
  2. "Titan: Ganesa Macula". Consultado o 03-09-2018. 
  3. "DPS: Day 4: Titan's surface". The Planetary Society Blog. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2007. 
  4. "Ganesa Macula isn't a dome - The Planetary Society Blog | The Planetary Society". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 19 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar