Galway Corinthians RFC
O Galway Corinthians Rugby Football Club é un equipo de rugby irlandés da cidade de Galway, Connacht (Irlanda). O club foi fundado en 1932 e actualmente xoga na División Two da AIB League, a terceira categoría do rugby irlandés. O seu estadio é Corinthian Park, en Cloonacauneen, Condado de Galway.
Nome | Galway Corinthians Rugby Football Club |
---|---|
Fundación | 1932 |
Sede | Connacht, Irlanda |
Estadio(s) | Corinthian Park, Galway |
Liga(s) | AIB League Div. 2 |
2008-09 | 1º (ascenso da Div. 3 á Div. 2) |
Na rede | |
http://www.galwaycorinthians.ie www.galwaycorinthians.ie |
O club forma parte da federación de Connacht, por tradición a máis feble das catro federacións da Illa.
Historia editar
O 13 de setembro de 1932 unha breve nova no Connacht Sentinel anunciou a formación dun novo club de rugby en Galway. Os seus membros eran na súa meirande parte do centro da cidade e pertencentes á clase traballadora e estaba composto por estudantes e xogadores do St. Joseph's Patrician College (The Bish) e a Escola de Gramática de Galway. A primeira reunión do club foi no Instituto de Mecánica de Middle Street.
Na tempada 2008-09 acadou o ascenso á Division Two da AIB League, a terceira categoría do rugby irlandés.