Gallia Lugdunensis

A Gallia Lugdunensis (Galia Lionesa) era unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) en que se dividía a Galia romana creadas por Octavio Augusto en 27 adC. Integraba unha banda territorial que ía desde Lugdunum (Lión), a capital da provincia, até a Armórica, as actuais Bretaña e Normandía, incluíndo todo o val do Loira.

Modelo:Xeografía políticaGallia Lugdunensis

Nomeado en referencia aLugdunum Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°45′35″N 4°49′10″L / 45.7597, 4.8194Coordenadas: 45°45′35″N 4°49′10″L / 45.7597, 4.8194
Período históricoImperio Romano
Prefeitura pretoriana (pt) Traducirprefeitura pretoriana da Gália (pt) Traducir
DióceseDiocese da Gália (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalLugdunum Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación27 a. C. ↔ 21 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolución486 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino franco Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A súa creación responde a razóns étnicas e políticas. A Galia Lionesa agrupaba unha serie de tribos galas culturalmente próximas e diferentes das da Aquitania e Bélxica romanas. Estas tribos da ocupaban unha importante rexión central na Galia, o que levou aos romanos a dividila para evitar levantamentos, incluíndo a súa parte setentrional na Bélxica e a meridional na Aquitania.

A Galia Lionesa era unha provincia imperial e, polo tanto, encontrábase baixo a autoridade do emperador romano a través dun gobernador chamados legatus (legado). A súa capital, Lugdunum (Lión), era tamén a da Galia toda e nela residía o prefecto da mesma. O papel privilexiado de Lugdunum, situada estratexicamente no val do Ródano, reforzouse coa presenza dunha fábrica de moedas imperial e coa do santuario federal das tres Galias, dedicado ao culto de Roma e Augusto.

Alén de Lugdunum, as principais cidades romanas da Galia Lionesa eran Augustodunum (Autun), Lutetia (París), Condate (Rennes), Rotomagus (Ruán ), Iuliomagus (Angers), Caesarodunum (Tours) e Augustodurum (Bayeux).

Reforma de Diocleciano editar

No 297, durante a reforma de Diocleciano (284-305), a Lugdunense dividiuse en dúas provincias:

  • Lugdunense I (ou Prima), con capital en Lugduno.
  • Lugdunense II (ou Secunda), con capital en Rotômago (Ruán).

Logo, durante o reinado de Constantino (306-337), volvéronse a subdividir:

Os catro foron subordinados á nova Diocese da Galia da Prefectura pretoriana da Galia.

Desde o século III, os bretóns, procedentes da Gran Bretaña (a Britannia romana), foron ocupando progresivamente o norte e o oeste da Península armoricana. Estes acabaron por se rebelar contra o poder romano cara a 450. Co tempo, os sucesivos reis francos até Carlomagno tiveron de se enfrontar ás ansias de independencia dos bretóns, quen acabaron por crear o Ducado da Bretaña no século IX.

A Lionesa Primeira foi ocupada polos burgundios contra 460, aínda que na Segunda e na Cuarta a presenza romana prolongouse durante case todo o século V, até 486, ano da derrota de Siagrio fronte aos francos, que integraron estas provincias na Neustria.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar