Galiza (Mondoñedo)

revista editada en Mondoñedo entre 1930 e 1932

Galiza foi unha revista editada en Mondoñedo entre 1930 e 1932.

Galiza
PaísEspaña
LugarMondoñedo
Lingualingua galega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 25 de xullo de 1930 como unha revista cultural e estaba dirixida por Álvaro Cunqueiro. Só editou cinco números e contiña artigos políticos de esquerda e nacionalista e culturais. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Fernández del Riego, Raimundo Aguiar e Salvador de Madariaga. Publicou as notas inéditas "Nacionalismo e socialismo" de Xoán Vicente Viqueira. Entre os colaboradores literarios estaban Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Villar Ponte; poemas galegos de Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza-Brey, Ricardo Carballo Calero, Eduardo Blanco Amor, Xosé Otero Espasandín e Eugenio Montes; e os casteláns "Brazos vacíos", de José Ramón Santeiro, e "Despedida a Manuel Antonio", de Xulio Sigüenza. Cesou a súa edición en 1932.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar