Galinha Pintadinha

serie de debuxos animados

A Galinha Pintadinha é un proxecto infantil creado polos produtores brasileiros Juliano Prado e Marcos Luporini. A Galinha converteuse nun dos maiores éxitos audiovisuais do Brasil de todos os tempos[1].

Galinha Pintadinha
Na rede
http://www.galinhapintadinha.com.br/
Twitter: galinhaoficial Youtube: UCBAb_DK4GYZqZR9MFA7y2Xg Spotify: 070CnHC2iZh5oLpyWYPf8h Musicbrainz: fe30bb56-5272-4a56-b9dd-d9e281163a04 Allmusic: mn0003438932 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O 28 de decembro de 2006, o dúo decidiu engadir unha animación infantil no sitio web de YouTube para a súa presentación a algúns produtores dunha canle infantil en São Paulo, xa que non poderían asistir á reunión. Os executivos non aprobaron o vídeo e a idea inicial non se mantivo. Porén, seis meses despois, os produtores, que non retiraran o vídeo do sitio web, decatáronse de que o número de reproducións era ben impresionante, cerca de 500.000.[1][2]

Entendendo a posibilidade de éxito, o proxecto seguiu adiante coa creación do DVD Galinha Pintadinha e Sua Turma, que contaba con animacións en 2D con personaxes infantís e cancións de dominio público. O son incluía cancións de varias xeracións, como "A Barata", "Indiozinhos", " Escravos de Jó" e "Marcha soldado".[3]

En 2010, xa co apoio da Som Livre, o equipo creou o segundo DVD, titulado Galinha Pintadinha 2. O DVD tamén incluía cantigas clásicas, como "Atirei o pau no gato", "Alecrim Dourado", "Sapo Cururu" e "Se Essa Rua Fosse Minha".[4] No primeiro mes vendéronse máis de 100.000 copias, o que garantiu o premio cun dobre disco de platino.[5][6]

Até 2015, a marca está na 89a posición mundial entre as 150 marcas con licenza que máis gañan no mundo, aparecendo en Forbes Brasil.[7]

No ranking creado pola ABPD para o mercado musical brasileiro, o segundo DVD do proxecto foi o sexto DVD máis vendido en 2010[8] e o 17o máis vendido en 2011.[9]

Co éxito dos DVD, nos últimos tempos o proxecto tamén se centrou na venda doutros produtos como peluches, xogos, libros e aplicacións para teléfonos intelixentes.[10]

Alén do espectáculo lúdico Galinha Pintadinha Official Tour,[11] o proxecto tamén chegou ao palco dos musicais, con Galinha Pintadinha: O Musical,[12] dirixido por Ernesto Piccolo, que xa foi nomeado dúas veces ao premio Shell.[13][14]

En 2012, o clip que comezou todo xa fora visto máis de 450 millóns de veces.[2] O sitio web oficial mostra que o número de visualizacións totais en YouTube en 2014 xa superaba os 7.000.000.000 (7.000 millóns), a primeira canle brasileira en alcanzar este obxectivo.[15] O equipo tamén revelou que se venderan máis de 450.000 DVD oficiais, o que resultou na recepción de dous discos triplos de platino.[16]

O éxito do proxecto fixo que recibise unha parodia súa no programa cómico de Rede Globo Tá no Ar: TV na TV en 2015, a Galinha Preta Pintadinha. En novembro de 2016, foi indicada como unha das finalistas na categoría de Televisión infantil.[17]

En 2017, lanzouse unha serie web animada con episodios completos chamada "Galinha Pintadinha Mini" na súa propia canle ne YouTube, separada da canle principal. Esta serie web foi posteriormente ao catálogo de Netflix, e tamén ás canles de TV Cultura e SBT.[18]

En marzo de 2018, anunciouse que a canle da franquía alcanzou máis de 100 millóns de reproducións e que hai un proxecto de programa de televisión.[19]

Discografía editar

Álbums en DVD editar

Título Detalles do álbum
Galinha Pintadinha e a súa turma
Galinha pintadinha 2
  • Formatos: CD, DVD
  • Selo: Som Livre
  • Lanzamento: 2010
Galinha pintadinha 3
  • Formatos: CD, DVD
  • Selo: Som Livre
  • Lanzamento: 2012
Galinha pintadinha 4
  • Formatos: CD, DVD
  • Selo: Som Livre
  • Lanzamento: 2014
Galinha pintadinha de 10 anos
  • Formatos: DVD
  • Selo: Som Livre
  • Lanzamento: 2015
Galinha pintadinha 5

Tours editar

Galinha Pintadinha Turnê Oficial foi a súa primeira xira, en apoio de todos os álbums editados, con preto de 67 concertos no Brasil só entre 2011 e 2012. [20] O seu repertorio inclúe as cancións "Cão Amigo", "Alecrim Dourado", "Pintinho Amarelinho", "Marcha Soldado", "Dó Ré Mi Fá", "Lava a Mão" e "O Cravo e a Rosa".

Nomes internacionais editar

Alén das canles en portugués do Brasil e algunhas cancións readaptadas ao portugués de Portugal, a Galinha Pintadinha ten canle en castelán e inglés no YouTube, e presenza de varios xeitos noutros países doutras falas. Na Galiza as cantigas da Galinha Pintadinha tamén tiveron grande acollida, sendo empregadas habitualmente por numerosas escolas como material didáctico.[21][22][23][24]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Folha.com. "Galinha Pintadinha vende 250 mil DVDs e vira hit no YouTube". folha.uol.com.br (en portugués). Consultado o 26 de xunho de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Fantastico.globo.com. "Galinha Pintadinha vira hit entre crianças e inspira musical infantil". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  3. Site Oficial. "DVD Galinha Pintadinha Vol. 1". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  4. Site Oficial. "DVD Galinha Pintadinha Vol. 2". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  5. Folha.com. "Galinha Pintadinha vende 250 mil DVDs e vira hit no YouTube". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  6. ABPD. "Certificados". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  7. ABPD. "Netflix Leva "Pintadinha" aos EUA". Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  8. ABPD. "Mercado brasileiro de música 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  9. ABPD. "Mercado brasileiro de música 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  10. Site Oficial. "Loja". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  11. Site Oficial. "Turnê Oficial". Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  12. Galinhapintadinhaomusical.com.br/. "Galinha Pintadinha - O Musical". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  13. Galinhapintadinhaomusical.com.br/. "Galinha Pintadinha - O Musical". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  14. Ego.globo.com. "Conheça o homem que dá vida à Galinha Pintadinha no teatro". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  15. G1, Do; Paulo, em São (2014-02-03). "Vídeos da Galinha Pintadinha batem 1 bilhão de visualizações no YouTube". Pop & Arte (en portugués). Consultado o 2022-06-14. 
  16. Página oficial. "Quem Somos" (en portugués). Consultado o 26 de xunho de 2012. 
  17. "APCA define os finalistas aos melhores da Televisão em 2016". 10 de novembro de 2016. 
  18. https://tvcultura.com.br/acontece /619_galinha-pintadinha-mini-estreia-na-tv-cultura.html
  19. Galinha Pintadinha está pronta para TV aberta após bater recorde de Rihanna
  20. "Turnê oficial da Galinha Pintadinha vem a Manaus dia 12". 20 de setembro de 2012. Consultado o 12 de novembro de 2012. 
  21. "O pintinho amarelinho na escola de Randufe". Blogue da Escola Randufe. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  22. "O pitiño amareliño no CEE de Vilagarcía de Arousa". Garatuxa. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  23. "O Sambalelé na Coordinadora de NL de Ferrolterra". Blogoteca.com. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  24. "Teatro do Pintinho no Colexio Pío XII". edu.xunta.gal. Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar