Galicia na Idade Contemporánea

Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX. Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Século XIX editar

Poboación editar

 
Máis do 20% dos galegos emigraron (taxa bruta de emigración en 1910 en España)

Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo da paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, Euskadi e Madrid).

Economía editar

As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX (incluíndo ata o 90% da superficie produtiva); non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.

A modernización comezou coa crise agraria de fins do XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.

A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do XIX da man dos avances na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60 do século XX. A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroën de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.

A fidalguía decimonónica opúxose ás reformas liberais e apoiou movementos retardatarios como o Carlismo, o que non impediu que esmorecese xa a comezos do XX. A burguesía, de orixe industrial, financeira e agraria, non tivo relevancia ata a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provocou unha reacción galeguista a partir de mediados do XIX de cariz culturalista e conservador nun principio mais que se foi facendo cada ve

Século XX editar

 
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega, un partido político agrarista

No século XX distínguense tres períodos::

  • Un primeiro terzo no que se frustraron as tentativas modernizadoras
  • Un segundo terzo de regresión durante o autarquismo franquista
  • Unha modernización lenta a partir de 1960

Galiza caeu rapidamente en mans dos militares sublevados con Francisco Franco. O Estatuto de Autonomía de 1981 foi recibido con indiferenza. O período de goberno autonómico ata hoxe resúmese a nivel político nunha década de limitada actividade, un axitado bienio de coalición e década e media de maiorías absolutas de Manuel Fraga.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Prieto, Lourenzo (Ed.) (2000). Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-560-4. 
  • Magariños, Alfonso (2003). A demografía na Galicia contemporánea. 1900-1936. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-97-1. 
  • Meixome Quinteiro, Carlos (1999). Textos e documentos para a Historia Contemporánea de Galicia. (Século XX). Vigo. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5. 
  • Varios (2008). Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-7824-541-3.