Galicia Gráfica (A Habana)

Galicia Gráfica foi unha revista galega editada na Habana en 1913.

Galicia Gráfica
PaísCuba
LugarA Habana
Lingua
Fundación1913
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Publicación Semanal, apareceu o 9 de agosto de 1913. Estaba dirixida por Ramiro García e o administrador era Francisco G. Mouriño. Entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Fray Roblanto, J. Cea e Ramón Cabanillas. Uxío Carré Aldao é o correspondente na Coruña, Manuel Amor Meilán en Lugo e Jesús Rey Alvite en Santiago de Compostela. A reviste ten 24 páxinas, das que oito están dedicadas a reproducir fotografías de paisaxes, monumentos e personalidades galegas. Publicou unha "Historia cómica de Galicia" asinada por D. J. H. na que se critica a curas, caciques e persoeiros da colectividade galega da Habana.

En 1923 apareceu outra Galicia Gráfica na Habana, dirixida por Miguel Fernández Seijo, da que só saíron dous números.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar