Gaita colombiana

frauta indíxena colombiana

A gaita colombiana ou kuisi[1] é un instrumento musical aerófono da Costa Caribe colombiana de orixe indíxena,[2][3] empregado en diferentes ritmos musicais dos chamados "música de gaita": gaita instrumental, porro, cumbia, merengue, puya, entre outros.[1]

Gaita colombiana
Kuisi: gaita hembra, gaita macho (dependendo do tipo de gaita); gaita corta.
Los Gaiteros de San Jacinto (2012) tocando a gaita colombiana, instrumento de vento de orixe indíxena usado na música tradicional
Información
ClasificaciónAerófono
TesituraA tesitura exacta varía segundo o tipo e a afinación
Instrumentos relacionadosFrauta
Músicos notablesTotó la Momposina, Los Gaiteros de San Jacinto

Descrición editar

 
Gaiteiros no Festival do Porro, Córdoba

É unha especie de frauta construída a partir do corazón do cardón, cunha formación de cera de abellas e po de carbón nun dos seus extremos onde se fai unha fenda e se insire un apéndice cilíndrico, xeralmente a base dunha pluma de pato, a maneira de canle e boquilla, respectivamente, con entre 3 e 6 orificios na parte baixa do corpo.[4]

Orixe editar

O uso máis antigo das kuisis atópase entre os koguis[5] e os arhuacos da Serra Nevada de Santa Marta.

Clases editar

Entre as gaitas indíxenas áchanse:

  • Gaita femia (kuisi bunsi en lingua kogui), de 5 orificios.[6] Ten na súa estrutura cinco buratos tonais ou dixitais e a súa función está en levar o rexistro das notas ou melodía. Execútase normalmente por parellas.
  • Gaita macho (kuisi sigi en lingua kogui), ten dous buratos dixitais e acompaña á gaita femia.[6] A función deste instrumento limítase case sempre a marcar o compás a contrapunto, aínda que pode realizarse nel unha melodía completa, xa que a intensidade do sopro permite modificar a altura do son. Un gaitero interpreta a gaita macho cunha man e coa outra, á vez, a maraca. Os seus beizos só se separan da gaita para cantar.
  • Gaita curta, de seis orificios, a cal adoita ter unha tesitura relativamente máis ampla. É utilizada como instrumento solista. Chamada tamén "machiembriá", "machiembriao" ou requinto.[7][8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 List, George (1991). "Two Flutes and a Rattle: The Evolution of an Ensemble". The Musical Quarterly (Oxford University Press) 75 (1): 50–58. doi:10.1093/mq/75.1.50. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  2. La gaita
  3. "Gaitas precolombinas". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  4. Olsen, Dale A. (2001). "Kogi". En Koskoff, Ellen. The United States and Canada. The Garland Encyclopedia of World Music (en inglés) 3. Taylor & Francis. pp. 183–188. ISBN 0-8240-6040-7. 
  5. Bermudez, Egberto (24 de agosto de 2007). "Egberto Bermudez discoteca virtual virtual music library". Universidad Nacional de Colombia. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2007. Consultado o 16 de agosto de 2009. 
  6. 6,0 6,1 "::: SINIC ::: - Colombia Cultural - Ritmos - ATLÁNTICO". www.sinic.gov.co. Consultado o 2023-10-09. 
  7. "Machiembriá". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  8. Músicas Caribe occidental

Véxase tamén editar

Outros artigos editar