Gabriel de Borbón

Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.

Infotaula de personaGabriel de Borbón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1752 Editar o valor em Wikidata
Portici Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1788 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Casita del Infante, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Infantes Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas , tradutor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrancisco Pérez Bayer Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Ana Vitória Josefa de Bragança (1785–)
FillosPedro Carlos, príncipe da Espanha (pt) Traducir, Carlos José de Borbón y Braganza Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos III de España Editar o valor em Wikidata  e María Amalia de Saxonia Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría Ludovica de Borbón y Sajonia, Maria Josefa de Espanha (pt) Traducir, Infante Felipe, Duque de Calábria (pt) Traducir, Carlos IV de España, Antonio Pascual de Borbón, Fernando I das Dúas Sicilias e Francisco Xavier de Espanha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-295
Notes

Traxectoria editar

Familia e infancia editar

O infante Gabriel era fillo de Carlos de Borbón, que por aquel entón era rei de Nápoles e Sicilia (baixo o nome de Carlos VII). Don Carlos era o presunto herdeiro do seu medio irmán, o rei Fernando VI de España, que non tiña fillos. A nai de don Gabriel era María Amalia de Saxonia, filla de Augusto III de Polonia.

O infante don Gabriel naceu en Portici en 1752, e foi bautizado cos nomes de Gabriel Antonio Francisco Javier Juan Nepomuceno José Serafín Pascual Salvador; desde a infancia foi o máis intelixente e traballador dos fillos do rei Carlos, que chegaría a ser un home de moita cultura, renomeado como excelente tradutor de Salustio e verdadeiro mecenas ilustrado. Tivo como profesor de música ao pai Antonio Soler, que compuxo varias dos seus sonatas de clavicémbalo expresamente para o seu avantaxado discípulo e os concertos para dous órganos para interpretalos a dúo con el na Basílica do Mosteiro do Escorial.

Adolescencia e traslado a España editar

En 1759 morría en Villaviciosa de Odón o rei de España, Fernando VI, tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como Carlos III. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao Príncipe de Asturias, mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, Fernando, nacido un ano antes que don Gabriel.

En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da Orde Hospitalaria de San Juan en Castela e León. En 1771 encargou a Juan de Villanueva a construción da chamada Casiña do Infante, levantada ao sur do mosteiro escurialense.

Matrimonio e vida adulta editar

En 1785 casou coa infanta Mariana Vitoria de Portugal, primeiro por poderes en Lisboa o 12 de abril, e persoalmente o 23 de maio do mesmo ano, en Aranjuez. Doña Mariana Vitoria era filla do rei Pedro III de Portugal e da raíña María I de Portugal, e a irmá máis nova do rei Xoán VI.

A parella tivo tres fillos en total:

Pouco despois de dar a luz ao seu último fillo, dona Mariana Vitoria caeu enferma de varíola, e finou o 2 de novembro dese mes; poucos días despois o seu fillo seguíaa á tumba, do mesmo xeito que o propio infante don Gabriel, que morreu o 23 dese mes en San Lorenzo de El Escorial. A súa morte foi un duro golpe para o seu pai, o rei, que falecería tamén pouco tempo despois. Están todos enterrados no Escorial. O seu fillo, Pedro Carlos de Borbón, foi criado pola súa avoa materna en Lisboa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar