Gabriel Lippmann

físico francés

Gabriel Jonas Lippmann, nado en Bonnevoie[1] o 16 de agosto de 1845 e finado no océano Atlántico o 13 de xullo de 1921, foi un físico luxemburgués e francés, galardoado co Premio Nobel de Física en 1908 polo seu método de reprodución das cores en fotografía, baseado no fenómeno da interferencia. O seu descubrimento permite a reconstitución íntegra do conxunto das lonxitudes de onda reflectidas por un obxecto.

Infotaula de personaGabriel Lippmann Premio Nobel

Gabriel Lippmann
Nome orixinal(fr) Gabriel Lippmann Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1845
Bonnevoie, Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1921 (75 anos)
accidente no océano Atlántico
214º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1912 – 31 de decembro de 1912
← Armand GautierFélix Guyon →
Presidente Fédération photographique de France (en) Traducir
1908 –
← Pierre Janssen (pt) Traducir
Presidente Bureau des Longitudes (pt) Traducir
xaneiro de 1904 – decembro de 1904 – Rodolphe Radau (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Francia
País de nacionalidadeFrancia francés
RelixiónDescoñecido Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Normal Superior
Director de teseGustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz Editar o valor em Wikidata
Coñecido porPrimeira fotografía en cor
Actividade
Campo de traballoÓptica
Ocupaciónfísico , fotógrafo , inventor , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLaboratoire de recherches physiques de la faculté des sciences de Paris (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJoseph-Charles d'Almeida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMarie Curie, Pierre Curie, Paul Langevin, Auguste Ponsot (en) Traducir, Maurice Couette (pt) Traducir e Alphonse Berget (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLaurence Lippmann
Premios
Premio Nobel de Física (1907)

WikiTree: Lippmann-9 Find a Grave: 104013517 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gabriel Lippmann naceu en Luxemburgo no seo dunha familia xudía de orixe francesa. Estudou en París, no liceo Henri IV e a partir de 1868 na Escola Normal Superior. A pesar de ser un alumno brillante era pouco amante da disciplina. Suspende as oposicións ás cátedras de instituto. A súa carreira académica non foi especialmente brillante, xa que só se concentraba naquelas materias que lle interesaban, menosprezando as outras. Viaxa a Alemaña para participar nunha misión científica oficial, o que lle permite traballar con Wilhelm Kühne e Gustav Kirchhoff en Heidelberg e con Hermann Ludwig von Helmholtz en Berlín.

Lippmann regresa a París a principios de 1875, e empeza a traballar primeiro na súa propia casa e máis adiante na Sorbona. Defende a súa tese doutoral en Ciencias o 24 de xullo dese mesmo 1875. Incorpórase entón ao Laboratorio de Investigacións Físicas de Jules Jamin, vinculado á Escola Práctica de Altos Estudos, ata o seu nomeamento como profesor na Facultade de Ciencias de París en 1878.

En 1883, recibe o nomeamento de profesor de física matemática na Sorbona, sucedendo nese posto a Charles Briot, e en 1886 o de profesor de física xeral, sucedendo a Jules Jamin, e o seu substituto na cátedra de matemáticas será Henri Poincaré. Ese mesmo ano, é elixido na Academia de Ciencias, en substitución de Paul Desains (Lippmann obtén 31 votos, contra 20 de Henri Becquerel), Academia da que será presidente en 1912. pasa tamén a ser director do Laboratorio de Investigacións Físicas.

Foi presidente de honra da Sociedade Francesa de Fotografía entre 1897 e 1899, sucedendo no cargo a Étienne-Jules Marey, e participou na creación do Instituto de Óptica Teórica e Aplicada.

Lippmann traballou en moitos campos, como a electricidade, termodinámica, óptica e fotoquímica. En Heidelberg, estudou a relación existente entre os fenómenos eléctricos e capilares. Precisamente sobre este tema elaborou a súa tese doutoral (Relacións entre os fenómenos eléctricos e capilares). Estas investigacións foron a base necesaria para a construción dun instrumento de precisión denominado electrómetro capilar, que se utilizaba nos primeiros electrocardiógrafos e do coelostato, instrumento que compensa a rotación da Terra e permite fotografar unha rexión do ceo deixándoa aparentemente fixa.

Inventou o procedemento de fotografía en cor "Lippmann", que ata 2005 seguía sendo o único que podía fixar o conxunto das cores do espectro no canto de efectuar unha descomposición trícroma (que é, ademais, irreversible). O procedemento, que fixa as franxas de interferencia da luz, é caro (ao necesitar o uso de mercurio) e require un tempo de exposición prolongado, pero en canto a calidade non foi aínda superado nos nosos días. É ademais especialmente interesante posto que é o único que permite unha análise cromatográfica completa a posteriori das cores fixadas, o que é por natureza imposible cos procedementos tricromos. O procedemento de Lippmann serviu de base no descubrimento dos hologramas

Lippmann morreu no mar mentres regresaba dunha visita aos EUA.

 
Fotografa en cor por Gabriel Lippmann

Fotografía editar

O profesor Lippmann desenvolvera a teoría xeral do seu procedemento de reprodución fotográfica das cores en 1886, pero este non se presentou ante a Academia das Ciencias ata o 2 de febreiro de 1891. O procedemento está fundamentado nun método interferencial. En 1893 puido presentar ante a academia fotógrafías tomadas polos irmáns Lumière nas que se reproducían as cores cun excelente ortocromatismo. Publicou de modo completo a súa teoría en 1894. Para fixar as cores, utiliza unha placa de cristal recuberta dunha emulsión fotosensible a base de nitrato de prata e de bromuro de potasio. A continuación, a luz entra entra na máquina e segue dous camiños diferentes para impactar na placa e facer que reaccionen as partículas de prata.

Non hai que confundir este procedemento co Autochrome dos propios irmáns Lumière, máis coñecidos, e que nos deixaron imaxes en cor de finais do Século XIX. Este procedemento funcionaba con pigmentos.

Notas editar

  1. Cf. p. 82: J.A. Massard (1997): Gabriel Lippmann et le Luxembourg. in: J.P. Pier & J.A. Massard (éds): Gabriel Lippmann: Commémoration par la section des sciences naturelles, physiques et mathématiques de l’Institut grand-ducal de Luxembourg du 150e anniversaire du savant né au Luxembourg, lauréat du prix Nobel en 1908. Luxembourg, Section des sciences naturelles, physiques et mathématiques de l’Institut grand-ducal de Luxembourg en collaboration avec le Séminaire de mathématique et le Séminaire d’histoire des sciences et de la médecine du centre universitaire de Luxembourg: 81-111.

Ligazóns externas editar