En enxeñería, os gabións son contedores de pedras engaioladas con malla de arame. Lévanse a pé de obra desarmados e, unha vez no seu sitio, énchense con pedras.

Protección da marxe dun rego.
Espigóns construídos con gabións.

Características editar

Como as operacións de armado e recheo de pedras non require ningunha pericia, utilizando gabións pódense executar obras que doutro xeito requirirían moito máis tempo e operarios especializados.

Os gabións fabrícanse con mallas (de tripla torsión e escuadradas tipo 8x10 cm) de arame de aceiro (con baixo contido de carbono) de 2,7 mm, ao que se lle dá tres capas de galvanizado, con 270 gramos de zinc. As arestas dos gabións refórzanse tamén con arame de 3,4 mm. Tamén se utiliza arame para o amarre das pezas de 2,2 mm.

Os gabións poden ter diferentes aspectos, é moi frecuente encontralos con forma de caixas, que poden ter largos de 1,5, 2, 3 e 4 metros, un ancho de 1 metro e unha altura de 0,5 ó 1,0 metros. Tamén se poden encontrar en forma de colchóns ou sacos, en diferentes tamaños.

A palabra provén do italiano gabbione, aumentativo de gabbia, que significa «gaiola».

Usos editar

  • Muros de contención: os muros de gabións están deseñados para manter unha diferenza nos niveis de solo nos seus dous lados constituíndo un grupo importante de elementos de soporte e protección cando se localiza en leitos de ríos.
  • Conservación de solos: a erosión hídrica acelerada é considerada sumamente prexudicial para os solos, pois debido a este fenómeno, grandes superficies de solos fértiles pérdense; xa que o material sólido que se desprende nas partes media e alta da conca provoca o azolvamento da infraestrutura hidráulica, eléctrica, agrícola e de comunicacións que existe na parte baixa.
  • Control de ríos: en ríos, o gabión acelera o estado de equilibrio do leito. Evita erosións, transporte de materiais e derrubamentos de marxes, ademais o gabión controla crecentes protexendo vales e poboacións contra inundacións.

Uso militar editar

O gabión era orixinalmente un sistema defensivo utilizado para protexer rapidamente unha posición do fogo de artillaría ou de balas. Apareceu por volta do século XVI e foi substituído no século XX polo sistema do saco de area, máis simple de utilizar.

O gabión componse entón dunha especie de cesto en vime cheo de terra e grava, destinado a protexer das balas e amortecer as explosións. Os cilindros de vime eran leves e podían ser transportados dun xeito conveniente nun carro de municións, particularmente se fosen feitos en varios diámetros, inseríndose uns nos outros. No lugar de utilización serían colocados en posición e cheos de terra para formar un muro en torno do canón.

Véxase tamén editar