Gabeador vermello

O gabeador vermello,[2] Tichodroma muraria, é unha pequena ave que se encontra en numerosas montañas de Eurasia, incluíndo os Pireneos, os Alpes e as montañas do Altai.

Gabeador vermello
Tichodroma muraria

Lámina de T. muraria ♂ (arriba) e ♀ (abaixo).

Foto dun exemplar inmaturo.
Foto dun exemplar inmaturo.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Certhioidea, segundo moitos autores, pero non por Cracraft et al., (2004) [1]
Familia: Tichodromadidae
Swainson, 1827
Xénero: Tichodroma
Illiger, 1811
Especie: T. muraria
Nome binomial
Tichodroma muraria
(Linnaeus, 1766)
Distribución de Tichodroma muraria
Distribución de Tichodroma muraria

Distribución de Tichodroma muraria
Sinonimia
  • Certhia muraria Linnaeus, 1766

É o único membro do xénero Tichodroma, que, á súa vez, é o único da familia dos ticodromádidos (Tichodromadidae),[3][4]

Porén, algúns autores considérano como o único membro da subfamilia dos ticodromadinos (Tichodromadinae) da familia dos sítidos.[5][6]

Características editar

O gabeador vermello é maiormente non migratorio (aínda que é migrados parcoal)[7], mudándose a alturas inferiores durante o inverno, e ás veces vaga máis lonxe aínda, cando, de cando en vez, usa canteiras ou edificacións.[8]

Aves illadas teñen invernado tan lonxe como en Inglaterra, e unha tamén invernou na Universidade de Ámsterdam.[Cómpre referencia]

Esta é unha ave de 15,5 a 17 cm de longo,[8] (a media é de 16 a 16,5 cm),[7][9] cunha plumaxe sorprendentemente atractiva en carmesí, gris e negro, con voo como de bolboreta, espasmódico, e con breves planeos,[8] e goridas inaccesibles. O seu nome común chinés significa flor de rocha.

 
Tichodroma muraria

Na estación reprodutiva, o macho pode ser a miúdo distinguido das femias pola súa gorxa negra, aínda que as femias teñen ás veces tamén a gorxa negra en graos variables.

Os inmaturos son máis pardos, e teñen o peteiro menor.[7]

Esta especie é bastante mansa, pero a miúdo é sorprendentemente difícil de ver nas ladeiras das montañas, ademais de porque adoita vivir en lugares inaccesíbeis, porque cando gabea por unha parede pode camuflarse coas súas cores grises e negras (a vermella das ás apenas se ve).[8]

Aliméntase de pequenos insectos que captura co seu longo bico nas físgoas das rochas, ou en voo, e tamén inclúe na súa dieta arañas e moluscos.[7] Aniña en cavidades rochosas,[8] pondo 4 ou 5 ovos brancos raiados, que son incubados pola femia. O canto do macho é unha secuencia de asubíos.

En voo parece unha bubela (Upupa epops) de cores estrañas, de aí os nomes vernáculos de bubela vermella e galego, ou abubilla de las paredes rocosas en castelán, ou unha bolboreta xigante,[7] pero rube paredóns de pedra coma se fose un rato.

En Europa pódese ver nas altas montañas do centro e o sur. Na Península Ibérica é sedentario nos Pireneos, e na Cordilleira Cantábrica é migra en outubro. Posibelmente estea en regresión. A súa presenza en Galicia é moi rara.[7]

As aves cara ao leste de Turkmenistán, desde o Irán até a China, son lixeiramente máis escuras, e foron clasificadas por Bonaparte, en Consp. Gen. Av. 1: 225, como unha subespecie, Tichodroma muraria nepalensis,[10] separada da subespecie típica, Tichodroma muraria muraria.

Taxonomía editar

Descrición editar

Familia

A familia foi descrita en 1827 polo naturalista e ornitólogo inglés William John Swainson.

Xénero

O xénero xa fora descrito en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.

Especie

A descrición da especie é máis antiga, xa que o seu autor foi Linneo, en 1766 (aínda que con outro nome, Certhia muraria,[11] por iso figura na bibliografía o nome e a data entre parénteses).

Etimoloxía editar

Familia

O nome da familia está formado, como é normal, sobre a raíz do xénero tipo (e neste caso único), engadíndolle a desinencia do latín científico ´-idea, plural neutro de ´-ideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", empregada para formar os nomes das familias de animais.

Xénero

O nome do xénero Tichodroma está formado plos elementos do latín científico teicho- e -droma, tirados das voces do grego antigo τεῖχος teîchos "muro", "muralla", e δρόμος drómos, "carreira", "acción de correr".[12][13]

Especie
 
Tichodroma muraria nepalensis.

O epíteto específico, muraria, e un adxectivo do latín medieval que significa "das murallas", derivado do latín clásico mūrus, -i, "muralla".[13] (O adxectivo equivalente do latín clásico é mūrālis).

Clasificación editar

Status editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou en 2016 o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), cualidicación que mantén na actualidade (abril de 2017), debido a que ten unha área de dispersión moi grande e polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel baxio o criterio do tamaño desta área (media de ocorrencia, máis de 20 000 km2 combinado cunha diminución ou flutuacón do tamaño do rango, grao/calidade do hábitat, ou o tamaño da poboación e dun pequeno número de localizacións ou fragmentación severa). A tendencia da poboación parece estábel e, por tanto, a especie non se acerca aos limiares de vulnerábel baixo o criterio da tendencia da poboación (estimándose unha diminución do 30 % en máis de dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande, con máis de 10 000 individuos maduros.[18]

Notas editar

  1. Cracraft, J., F. Keith Barker, Michael Braun, John Harshman, Gareth J. Dyke, Julie Feinstein, Scott Stanley, Alice Cibois, Peter Schikler, Pamela Beresford, Jaime García-Moreno, Michael D. Sorenson, Tamaki Yuri & David P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
  2. gabeador -ra 1 adx Que gabea. 2 1 s m ANIMAL/ORNIT Ave da orde dos paseriformes que se alimenta especialmente de invertebrados. [...] 4 gabeador vermello [Tichodroma muraria] ANIMAL/ORNIT Gabeador, da familia dos ticodromádidos, de peteiro fino, longo e lixeiramente curvado, de cor cinsenta, coas as ás negras e vermellas, e a gorxa e a parte superior do peito negras na plumaxe estival. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. Del Hoyo et alt. 2007.
  4. 4,0 4,1 Tichodromidae Swainson, 1827 no ITIS.
  5. Family Sittidae. Evolution and systematics en encyclopedia.com (en inglés).
  6. Sittidae. Sub-family: SITTINAE, genus Sitta; Subfamily: TICHODROMINAE, genus Tichodroma Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en twycrosszoo.org.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Penas Patiño et al. (1991), p. 274.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Svensson, Lars & Peter J. Grant (2001), p. 324.
  9. Peterson et al. (1973).
  10. 10,0 10,1 Tichodroma muraria nepalensis Bonaparte, 1850 en Avibase. The World Bird Database.
  11. Tichodroma muraria en Handbook of the Birds of the World.
  12. Tichodroma no Merriam-Websters Dictionary.
  13. 13,0 13,1 Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  14. Sinónimo de Tichodromadidae.
  15. Tichodroma Illiger, 1811 no ITIS.
  16. Tichodroma muraria (Linnaeus, 1766) no ITIS.
  17. Tichodroma muraria na ADW.
  18. BirdLife International (asesor); Butchart, S. & Symes, A. (revisores) (2016): Tichodroma muraria na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 6 de abril de 2017.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Christie D. (editors). (2007): Handbook of the Birds of the World. Volume 12: Picathartes to Tits and Chickadees. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-42-2.
  • Harrap, Simon & David Quinn (1996): Chickadees, Tits, Nuthatches, and Treecreepers. Pinceton: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-1083-0.
  • Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves e Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  • Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
  • Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar