GUNNM (filme de 1993)

GUNNM (tamén coñecido como Battle Angel Alita na versión inglesa), é unha OVA (Original Video Animation) dirxida por Hiroshi Fukutomi. É unha adaptación do manga xaponés homónimo creado por Yukito Kishiro, considerado un dos máis importantes da historia do manga xaponés, xunto a obras como Ghost in the Shell ou Akira.

GUNNM
Ficha técnica
Título orixinalGUNNM
DirectorHiroshi Fukutomi
ProdutorK.S.S.
GuiónAkinori Endo
Manga
Yukito Kishiro
Intérpretes(Voces)
Miki Itô
Amanda Winn Lee
Shunsuke Kariya
Kappei Yamaguchi
MúsicaHarada Soichiro, Kaoru Wada
FotografíaAnimación, Hitoshi Yamaguchi
Estrea1993
Duración60 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación, Ficción científica
Na rede
IMDB: tt0107061 Allocine: 133877 Allmovie: v329730 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Atopámonos nun futuro afastado e indeterminado onde existen dous mundos: a cidade flotante onde viven os mellores seres humanos entendidos como unha raza superior, e a cidade do lixo, que é a Terra, onde vai a parar tóDolos refugallos da cidade flotante e onde habitan os yonkis, renegados, androides, e o resto de humanos de terceira. No mundo dos desperdicios un doutor e mecánico de robots chamado Ido atopa unha cabeza de androide con cerebro humano á que chama Alita (Gally) e lle proporciona un corpo. A partir dese intre convivirán xuntos, case como pai e filla, pero Alita non lembra nada do seu pasado e no máis profundo de seu ser sabe que está destinada a empregar a súa forza e bondade para axudar á xente. Alita ten a aparencia dunha rapaciña leda e inocente, e pouco a pouco irá descubrindo cousas do seu pasado que farán que ela tente cambiar as cousas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar