Günter Netzer

futbolista alemán

Günter Netzer, nado en Mönchengladbach o 14 de setembro de 1944, é un futbolista alemán.

Günter Netzer
Información persoal
Nacemento 14 de setembro de 1944
Lugar de nacemento Mönchengladbach
Altura 178 centímetros
Posición centrocampista
Na rede
IMDB: nm1145958 Discogs: 2855548 FIFA: 174802 UEFA: 9663 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os seus inicios foron no Borussia Mönchengladbach, club no que estivo ata o ano 1973, cando fichou polo Real Madrid. Remataría a súa carreira como xogador no Grasshoppers Zurich no que estivo dende 1976 ata 1978.

Cun toque de balón extraordinario, abraiou ós seus rivales co seu dominio do esférico, enviando pases maxistrais a cada curruncho do terreo. Era coñecido como "O Karajan do Fútbol Europeo" en referencia ó famoso director austríaco.

Internacionalmente deixou a súa pegada sobre todo na Eurocopa de 1972, cando a selección xermana gañou o torneo. No mundial de 1974 só disputou 21 minutos, participando moi pouco na consecución do título. En total xogou 37 encontros internacionais en anotou 6 goles

Como adestrador, fíxose cargo do Hamburgo gañando 3 títulos da Bundesliga en 1979, 1982 e 1983.