Furafollas ibérico

especie de mamífero

O furafollas ibérico (Sorex granarius) é unha especie de mamífero da orde dos soricomorfos, familia dos sorícidos, subfamilia dos soricinos e tribo dos soricininos,[1] endémica da Península Ibérica.

Furafollas ibérico
Sorex granarius
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Soricinae
Tribo: Soricini
Xénero: Sorex
Subxénero: Sorex (Sorex)
Especie: S. granarius
Nome binomial
Sorex granarius
Sorex (Sorex) granarius

Miller, 1910
Distribución de Sorex granarius en Galicia
Distribución de Sorex granarius en Galicia

Distribución de Sorex granarius en Galicia

Taxonomía editar

Descrita inicialmente en 1910 polo zoólogo estadounidense Gerrit Smith Miller como unha subespecie de Sorex araneus, Sorex araneus granarius,[2] foi elevada á categoría de especie en 1975 por Hausser et al.,[2] debido ás súas características cariolóxicas e morfolóxicas.

Características editar

A súa pelaxe é de cor marrón escura carecendo de banda mediodorsal escura e o bandullo é gris amarelento. A lonxitude de testa e corpo é duns catro centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella aínda que xeralmente, a diferenza de S. araneus e S. coronatus, os incisivos superiores amosan unha tonalidade máis clara.

Hábitat e distribución editar

 
Distribución de Sorex granarius na Península Ibérica.

É un endemismo ibérico. Distribúese ao longo do Sistema Central, dende a Serra de Ayllón á Serra da Estrela, (Portugal), espallándose cara ao norte dende o río Texo ata Galicia. Queda por confirmar a súa presenza ao norte do Sistema Ibérico e en certos enclaves da Cordilleira Cantábrica.

As áreas ocupadas polo furafollas ibérico (ou musaraña ibérica, como se coñece en castelán) caracterízanse por ter unha temperatura media anual de entre 3º e 15 °C, con invernos fríos ou moi fríos, e unha precipitación superior aos 600 mm.

No Sistema Central, a especie localízase nos niveis supra- e oromediterráneo, dende os 500 aos 2.000 m. É frecuente en faias, piñeirais, caralleiras e aciñeirais, así como naquelas zonas nas que o bosque autóctono foi substituído por campos ou bosques de Castanea sativa ou Pinus pinaster.

En Portugal está presente en case todos os hábitat arbustivos. No norte deste país e en Galicia, a especie penetra na rexión eurosiberiana, onde ocupa carballeiras e plantacións de Eucalyptus sp. e Pinus pinaster.

No Sistema Ibérico, mencionouse a súa presenza entre os 1.000 e 1.700 metros de altitude, en carballeiras, faiais e sabinais.

Situación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status desta especie como LC (pouco preeocupante), xa que non parece que estea ameazada, e aínda que non existen estudos suficientes, a extensión xeográfica das súas poboacións non fai temer polo seu estado.[3]

Notas editar

  1. Soricini en MSW.
  2. 2,0 2,1 Garcia-Perea, Rosa; Ventura, Jacint; Lopez-Fuster, M. Jose; Gisbert, Julio (1997-05-09). "Sorex granarius". Mammalian Species (554): 1. doi:10.2307/3504323. 
  3. Palomo, L. J.; Amori, G. & Hutterer, R. (2008): Sorex granarius na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar