O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón,[1] fungo de sapo, bufo de vella.[2] É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas[2]

Características editar

Descrición editar

O fungo é branco e a medida que alcanza a madurez vaise tornando marrón. Posúe uns grans pequenos a modo de verrugas en toda a parte superior que se desprenden facilmente.

Hábitat editar

Pode ser atopado nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo.

Diferenciación editar

Pode confundirse co Lycoperdon echinatum, mais este é máis escuro, cun tinge avermellado ou co Lycoperdon mammiforme que é máis voluminoso e de cor crema.

Usos editar

Comestibilidade editar

É un fungo comestible pero só cando é novo e de cor branca.

Medicinal editar

Emprégase na medicina popular coma hemostático de uso externo. A masa esporífera aplícase directamente sobre das feridas, exercendo unha acción hemostática, antibiótica e cicatrizante[3].

Era frecuente empregar "o seu fume" (a masa esporífera) para tratar os problemas na pele dos cativiños, derivados polo uso dos cueiros.

Galería de Imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogomelos.
  2. 2,0 2,1 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  3. Guía de Planta Medicinais de Galicia, Rigueiro, Romero, Silva-Pando e Bermejo, Galaxia,1996

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar