Fundación de Serralves

(Redirección desde «Fundación Serralves»)

A Fundación de Serralves atópase no Parque de Serralves na cidade do Porto, en Portugal, onde está instalado o Museo de Arte Contemporánea de Serralves e a Casa de Serralves.

Fundação de Serralves
Xardín e casa de Serralves
Tipofundación
Data de fundación6 de xuño de 1999
PremiosMembro-Honorário da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
EnLordelo do Ouro e Massarelos
PaísPortugal
41°09′33″N 8°39′34″O / 41.15926, -8.65941
Na rede
http://www.serralves.pt/
Facebook: fundacaoserralves Instagram: fundacao_serralves Youtube: UCz1aPJIO_pGYysit3v4wnwQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación de Serralves foi creada en 1989, sendo o resultado dunha parcería entre o goberno Portugués, institucións públicas e privadas e particulares.

A Casa e o Parque son a expresión do desexo e a realización do soño de Carlos Alberto Cabral (1895-1968), 2º Conde de Vizela.

Casa editar

Concluída en 1940, a Casa de Serralves foi mandada construír polo segundo Conde de Vizela, Carlos Alberto Cabral. Ata a apertura do Museo de Arte Contemporánea, en 1999, a Casa de Serralves acollía as exposicións realizadas pola fundación. O edificio, cuxo proxecto final é da autoría do arquitecto portugués Marques da Silva, é considerado un exemplo único da arquitectura art déco en Portugal.

En 1996, a Casa de Serralves foi clasificada como “imóvel de interesse público” debido ao seu interese arquitectónico.

Parque editar

 
Xardíns da Casa Serralves

O Parque de Serralves é o resultado dos procesos de deseño paisaxístico ao longo de máis dun século, constituíndo unha unidade temporal e espacialmente complexa constituída polos vestixios dun xardín do século XIX, a Quinta do Mata-Sete, o xardín da Casa de Serralves, e a paisaxe do Museo de Arte Contemporánea de Serralves.

O proxecto para o xardín da Casa de Serralves foi encomendado polo Conde de Vizela ao arquitecto Jacques Gréber no ano 1932.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar