O fromlostiano é unha lingua artística xurdida no estado español, de ton humorístico e orixe popular, plasmada por Colin (pseudónimo de Federico López Socasau) e Güéster (pseudónimo de Ignacio Ochoa Santamaría) no libro From lost to the river. A lingua constrúese traducindo literalmente do castelán ao inglés sen tentar manter o significado real orixinal e o seu nome deriva do título do libro anteriormente mencionado.

Por exemplo, de perdidos al río, expresión castelán que indica que nunha situación desesperada é mellor facer algo arriscado que non facer nada, tradúcese ao fromlostiano como from lost to the river. O carácter humorístico da linguaxe deriva de que se ben dita expresión é gramaticalmente correcta en inglés, para alguén que fale inglés pero ignore o castelán non ten sentido en absoluto. Polo tanto, é necesario coñecer ambos idiomas (especialmente as súas frases feitas) para apreciar os chistes.

From lost to the river editar

O fromlostiano apareceu por primeira vez en From lost to the river ISBN 84-920231-1-2 en 1995. O libro consta de seis partes, algunhas con traducións literais directas do castelán ao inglés (o fromlostiano) e outras con traducións literais inversas do inglés ao castelán (ou fromlostiano inverso):

  1. Traducións directas de frases feitas: With you bread and onion (Contigo pan y cebolla), Nobody gave you a candle in this burial (Nadie te ha dado vela en este entierro), To good hours, green sleeves (A buenas horas mangas verdes).
  2. Traducións inversas de nomes de personaxes famosos: Vanesa Tumbarroja (Vanessa Redgrave).
  3. Traducións inversas de nomes de rúas inglesas: Calle del Panadero (Baker Street).
  4. Traducións directas de nomes de rúas de Madrid: Shell Thorn Street (Calle de Concha Espina).
  5. Traducións inversas de marcas: Ordenadores Manzana (Apple Computers).
  6. Traducións directas de expresións coloquiais: Tu-tut that I saw you (Tararí que te vi).

Obras posteriores dos autores editar

En 1999 publicaron un segundo libro, Speaking in silver ISBN 84-7880-818-3. Aí aparece por primeira vez a palabra fromlostiano, referíndose a esta linguaxe. Tamén aparecen os primeiros parágrafos completos en fromlostiano, como a seguinte conversa: Where is the ordermore? He gave himself the can. Walk now! Like you hear it. And his saint? The relative opened herself too (¿Dónde está el mandamás? Se dio el bote. ¡Anda ya! Como lo oyes. ¿Y su santa? La parienta se abrió también).

Posteriormente, Federico López Socasau publicou en 2003 Shit yourself little parrot ISBN 84-8460-292-3 e conxuntamente de novo en 2006 Like fish in the water ISBN 84-8460-517-5. Neste último libro xa aparecen textos completos en fromlostiano.

Outros exemplos de fromlostiano editar

O fromlostiano ten acadado certa popularidade no estado español, probablemente como un xeito de rebeldía humorística ante a necesidade de aprender inglés, a lingua franca no mundo actual. Os seguintes enlaces mostran algúns exemplos: