Frinxo, Pazos de Reis, Tui
Frinxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 78 habitantes (36 homes e 42 mulleres), un descenso de 27 habitantes respecto ao ano 1999.
Frinxo | |
---|---|
Parroquia | Pazos de Reis |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°04′11″N 8°40′27″O / 42.069676726092, -8.6740470963789Coordenadas: 42°04′11″N 8°40′27″O / 42.069676726092, -8.6740470963789 |
Poboación | 77 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Frinxo forma unha aldea separada polo Alto dos Cubos do resto do conxunto habitado de Pazos de Reis.
Historia editar
Na contorna de Frinxo houbo un castro galaico, coñecido localmente coma Castro do Castelo[1]. Xa na Idade Contemporánea, Frinxo experimentou un certo crecemento que fixo que a aldea puidese dispor dunha capela propia, construída entre os anos 1856 e 1860 polo bispo tudense Maceira.
División eclesiástica editar
Eclesiasticamente, dálle nome á parroquia de Nosa Señora das Dores de Frinxo, civilmente coñecida como O Sagrario de Pazos de Reis.[2] Polo tanto, a capela é usada coma igrexa parroquial polos veciños[1]. Pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Patrimonio editar
Nesta aldea hai varios elementos patrimoniais:
- Capela da Virxe das Dores: edificio relixioso do século XIX[4].
- Mina de auga de Frinxo[5].
Lugares e parroquias editar
Lugares de Pazos de Reis editar
Lugares da parroquia de Pazos de Reis no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
O Ánxel | Circos | O Eirado | Frinxo | Herdeiros | Muíños | A Poboanza | A Porteliña | Ricamonde | O Seixal |
Parroquias de Tui editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Martínez Sigüenza, Xulio (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica" (PDF). Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais (19): 11–48. ISSN 0211-5530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020..
- ↑ "Nosa Señora das Dores de Frinxo". DIOCESE TUI-VIGO. Consultado o 2023-10-05.
- ↑ "TUI-ENTENZA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
- ↑ "Capela das Dores de Frinxo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ "Mina de auga no lugar de Frinxo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.