Friedrich Fröbel

pedagogo alemán

Friedrich Wilhelm August Fröbel, nado en Oberweissbach (Turinxia) o 21 de abril de 1782 e finado en Marientha o 21 de xuño de 1852, foi un pedagogo alemán. Foi o creador da educación preescolar e do concepto de xardín de infancia. É coñecido como o "pedagogo do Romanticismo".

Infotaula de personaFriedrich Fröbel

Friedrich Wilhelm August Fröbel.
Biografía
Nacemento21 de abril de 1782 Editar o valor em Wikidata
Oberweißbach (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1852 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Marienthal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSchweina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSchwarzburg-Rudolstadt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Jena
Studio with gloves (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLogistics engineer (en) Traducir e Compañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpedagogo , escritor , mestre , escritor de non ficción , futbolista Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohann Heinrich Pestalozzi Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouise Fröbel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarl Poppo Fröbel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 14945108 Editar o valor em Wikidata
Casa natal de Fröbel.

Traxectoria editar

Froebel pasou a infancia xunto ao seu pai e a súa pouco benévola madrasta. Ao cabo dunha estanza de cinco anos na casa dun tío, empezou aos quince a traballar cun inspector forestal e dedicouse, como autodidacta e de xeito desordeado, ao cultivo de varias ciencias: cartografía, matemáticas, botánica, arquitectura, contabilidade e agrimensura.

Descubriu a súa vocación polo maxisterio en 1805, nunha escola secundaria de Frankfurt onde se decatou das novidosas ideas pedagóxicas de Pestalozzi. Máis tarde traballou con el en Suíza, onde desenvolveu a súa teoría educativa. Dende 1806 Fröbel foi o mestre e preceptor dos tres fillos dunha familia nobre de Frankfurt.

Creou o termo «xardín de infancia» (en alemán, Kindergarten), centrando a súa actividade en animar o crecemento mental natural dos pequenos a través da actividade e o xogo. Para isto, creou material didáctico específico para nenos, ós que chamou "dones", e se preocupou da formación das nais, convencido da grande importancia destas no crecemento dos suxeitos. O neno é considerado o principal protagonista da súa propia educación. Estableceu o seu primeiro xardín en Bad Blankenburg en 1837. Pretendía que nestes xardíns de infancia o neno:

  • xogase ó aire libre en contacto permanente coa natureza.
  • rexeitase todo tipo de coacción e autoritarismo por parte do educador.
  • busque unha educación integral entre a da escola e a familia.

Cando xa publicara sete libros, en 1826 resumiu as súas ideas no libro Die erziehenden Familien.

Legado editar