O friame é un grupo de alimentos de orixe cárnica e xa procesados. Entre os alimentos englobados baixo o termo de friame están os embutidos, xamón, salchichas, pasteis de carne, etcétera. Por regra xeral córtanse en rebadas e cómense en forma de emparedados ou bocadillos e tamén se serven nunha táboa de embutidos (acompañada xeralmente con ovo cocido) coma entremés.

Mostrador dunha tenda de friames.

Conservación e hixiene editar

Os embutidos e friames deben conservarse sempre en ambientes frescos (sobre todo nos meses calorosos de verán), o ideal para a conservación dos friames é que estes se consuman xusto no intre do seu cortado, debido a que un friame cortado posúe máis superficie, aféctana máis as bacterias e os organismos e oxídase con máis facilidade, por esta razón é aconsellábel mercar o friame cortado que se vaia a consumir no día, ou como máximo noutro día.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar