Freitas
Facundo Freitas Costa nado en Montevideo o 12 de decembro de 2002 e coñecido popularmente polo seu nome artístico Freitas é un cantante español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Facundo Freitas Costa 12 de decembro de 2002 (21 anos) Montevideo, Uruguai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2019 - |
Xénero artístico | Reggaeton e pop latino |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
De orixe latina e nado no Uruguai, Freitas trasládase a España con tan só un ano de idade, onde desenvolve a súa paixón pola música.[1] Con 15 anos, decide investigar máis sobre o tema e matricúlase nun curso de técnico de produción musical e son, onde empeza a gravar as súas primeiras cancións.[2] Xa con 17 anos publica a súa primeira canción profesional chamada "Fuego", e despois de 2 anos na industria anuncia o lanzamento do seu primeiro álbum musical chamado Fe.[3] En marzo de 2022 foi nomeado aos Premios MIN nas categorías de mellor artista emerxente, canción do ano, mellor letra orixinal, mellor vídeo musical e mellor produción musical.[4]
Tras comezar a súa carreira musical baixo o nome artístico "Facundo Freitas", o coruñés comeza unha nova etapa como "Freitas".
Notas editar
- ↑ Santos, Amara (9 de maio de 2021). "Facundo Freitas: El joven artista coruñés de música urbana que se inspira en Juan Magán". El Español (en castelán).
- ↑ Joswald Oropeza (9 de outubro de 2021). "Facundo Freitas (Facundo Freitas Costa)". Enorable (en castelán).
- ↑ Quintás, Paula (13 de xaneiro de 2022). "El coruñés Facundo Freitas impulsa su carrera musical con su primer álbum, 'Fe'". El Español (en castelán).
- ↑ "CANDIDATURAS GALLEGAS A LOS PREMIOS MIN 2022. VOL II: DE LA D A LA N". Galician Tunes (en castelán). 5 de marzo de 2022.