Free European Song Contest

O Festival de Europa Libre (en inglés Free European Song Contest) é un festival da canción televisado, creado en 2020 por Stefan Raab e organizado pola canle de televisión alemá ProSieben e pola produtora Brainpool (despois da cancelación de Eurovisión 2020 pola pandemia da COVID-19 en Europa). O festival será de carácter anual como Eurovisión, despois do éxito da primeira edición.

Regras editar

As regras son as mesmas que en Eurovisión. A única diferenza é que os artistas deben ter algunha relación coa cultura alemá (semellante ao Festival de Turkvisión onde tes que ser un país turco ou unha rexión de fala turca).

Países participantes editar

Poden participar calquera dos países participantes en Eurovisión. Polo momento, 16 países participaron no festival.

Galicia en Eurovisión editar

Polo momento, ningún galego participou no Festival da Canción de Europa Libre.

Gañadores editar

O único gañador é Nico Santos que representou a España coa súa canción «Like I Love You» na primeira edición. Seguido por Ilse DeLange de Países Baixos e pola Lúa grazas a Max Mutzke como Der Astronaut (en galego o Astronauta).

Ano País Canción Intérprete Edición
2020 España Like I Love You Nico Santos FreeESC 2020

Países gañadores editar

O único país gañador é España grazas a Nico Santos na primeira edición. Seguido polos Países Baixos e pola Lúa.

Vitorias País Ano/s
1   España España 2020

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar