Frederick Marryat

escritor de literatura infantil británico

Capitán Frederick Marryat, nado en Westminster o 10 de xullo de 1792 e finado en Langham o 9 de agosto de 1848, foi un novelista e mariño inglés, contemporáneo e amigo de Charles Dickens, destacado por ser un dos primeiros autores de novelas sobre a vida mariñeira. Coñéceselle en particular pola súa novela autobiográfica Mr Midshipman Easy e a súa novela para nenos The Children of the New Forest.

Frederick Marryat
Nacemento10 de xullo de 1792
Lugar de nacementoLondres
Falecemento9 de agosto de 1848
Lugar de falecementoLangham
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, Reino de Gran Bretaña e Reino Unido
Alma máterGreat Ealing School
Ocupaciónescritor, novelista, escritor de literatura infantil, oficial da armada, mariño e oficial
PaiJoseph Marryat
NaiCharlotte Marryat
CónxuxeCatherine Shairp
FillosFrederick Marryat, Frank Marryat, Augusta Marryat, Florence Marryat, Emilia Marryat, Cecil Marryat Norris e Blanche Marryat
IrmánsJoseph Marryat, Fanny Bury Palliser e Charles Marryat
Coñecido porMr Midshipman Easy, The Phantom Ship e The Children of the New Forest
Premiosmembro da Royal Society e Companion of the Order of the Bath
Na rede
IMDB: nm0550295 IBDB: 395157
Musicbrainz: 0bcd1cdc-63fb-4f13-bd4f-a1b3a5b404aa Discogs: 2301963 WikiTree: Marryat-14 Find a Grave: 14787631 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos e carreira naval editar

Era fillo dun príncipe comerciante e membro do Parlament. Despois de fuxir varias veces para ir ao mar, permitíronlle entrar na Royal Navy en 1806, como un gardamariña a bordo do HMS imperieuse, unha fragata comandada por Lord Thomas Cochrane, décimo conde de Dundoland, (que máis tarde serviría de inspiración tanto a Marryat como a outros autores.

O tempo de Marryat a bordo do Imperieuse incluíu acción na Gironda, o rescate doutro gardamariña que caera pola borda, a captura de moitos barcos na costa mediterránea de España e a toma do castelo de Mongat. Cando o Imperieuse cambiou para operar en Río Escalda, en 1809, Marryat enfermou de malaria, e volveu a Inglaterra a bordo do HMS Victorious.

Despois de recuperarse, Marryat regresou ao Mediterráneo no HMS Centaur, e de novo salvou a un compañeiro lanzándose ao mar tras el. Entón viaxou como pasaxeiro ás Bermudas no HMS Atlas, e de alí a Halifax, Nova Escocia na goleta Chubb, para unirse á fragata HMS Aeolus (27 de abril de 1811).

Meses despois, Marryat distinguiuse de novo ao tentar salvar ao Aeolus durante unha tormenta, e, seguindo o costume, salvou a un dos homes caídos ao mar. Pouco despois, pasou á fragata HMS Spartan, participando na captura de varios barcos estadounidenses (a Guerra de 1812 entre os Estados Unidos de América e o Reino Unido xa empezara daquela), e o 26 de decembro de 1812 foi ascendido a tenente.

Como tenente, Marryat serviu na corveta Espiegle e no Newcastle, ascendendo a comandante o 13 de xuño de 1815, xusto a tempo para a chegada da paz. Entón dedicouse aos estudos científicos, inventou un bote salvavidas (pola que obtivo así unha medalla de ouro da Royal Humane Society e o alcume de "Bote salvavidas"), e en 1819 casou con Catherine Shairp, coa que tivo catro fillos e sete fillas.

En 1820 comandou a cor eta Beaver e temporalmente a Rosario co propósito de levar a Inglaterra os despachos que anunciaban a morte de Napoleón I en Santa Helena. Aproveitou a oportunidade para facer un bosquexo do corpo de Napoleón no seu leito de morte, que máis tarde se publicou como unha litografía. (As habilidades artísticas de Marryat eran modestas, pero os seus bosquexos da vida a bordo dun barco, tanto en cuberta como baixo cuberta teñen un considerable encanto que se sobrepón á súa crueza.)

En 1823 foi designado para o HMS Larne, e interveu na expedición a Birmania en 1824. Durante esta expedición, da que resultaron grandes perdas debido ás enfermidades, foi promovido para comandar o HMS Tees, o que lle deu o rango de capitán. Regresou a Inglaterra en 1826. En 1829 comandou a fragata HMS Ariadne na busca de bancos de peixes en Madeira e as Canarias. Este era un exercicio non moi inspirador, e entre esta misión e a recente publicación da súa primeira novela, O Oficial de Marina, decidiu abandonar este encargo en novembro de 1830 e dedicarse de cheo a escribir.

Carreira literaria editar

Seguiu unha produción regular, con grande éxito, Mr Midshipman Easy, apareceu en 1836. Viviu en Bruxelas durante un ano, viaxou polo Canadá e os Estados Unidos, logo trasladouse a Londres en 1839, onde formou parte do círculo literario de Charles Dickens. Estaba en Norteamérica en 1837 cando estalou a Rebelión no Baixo Canadá, e serviu coas forzas británicas para reprimila.

Foi nomeado membro da Royal Society en recoñecemento ao seu invento e outros logros. En 1843 trasladouse a unha pequena granxa en Langham Manor en Norfolk, onde morreu en 1848. A súa filla Florence Marryat máis tarde fíxose moi coñecida como escritora e actriz.

As novelas de Marryat son propias da súa época, coas preocupacións polas conexións familiares e o status social a miúdo eclipsando a acción naval, pero son interesantes como o produto de ficción dos vinte e cinco anos do autor de verdadeira experiencia no mar. Estas novelas, moi admiradas por Joseph Conrad e Ernest Hemingway, están entre as primeiras novelas de aventura mariñeiras. Foron modelos para obras posteriores escritas por C. S. Forester ePatrick O'Brian que tamén se enmarcan na época de Nelson e narran historias de xoves que van ascendendo no rango a través dos seus éxitos como oficiais navais.

As súas últimas novelas dirixíronse principalmente aos nenos, incluíndo a novela que era máis famosa entre os seus contemporáneos, The Children of the New Forest, que se publicou en 1847.

Obras editar

  • O Oficial de marina (The Naval Officer, or Scenes in the Life and Adventures of Frank Mildmay) (1829)
  • Propiedade do rey (The King's Own) (1830), editado en España por Abraxas, S.L., 2004. ISBN 84-96196-15-1
  • Aventuras de Newton Forster (Newton Forster or, the Merchant Service) (1832). Editado en España por Abraxas, S.L. en 2003, ISBN 84-95536-83-8.
  • Pedro Simple (Peter Simple) (1834)
  • Jacob Faithful (1834)
  • The Pacha of Many Tales (1835)
  • Mr Midshipman Easy (1836)
  • Japhet, in Search of a Father (1836)
  • The Pirate (1836)
  • The Three Cutters (1836)
  • Snarleyyow, or the Dog Fiend (1837). Traducido como ao castelán como El perro endemoniado, Grupo Editorial Marte, 1987. ISBN 84-7748-011-7; Yerico, S.A., 1990. ISBN 84-7889-084-X; ou como El perro diabólico, Valdemar, 2002. ISBN 84-7702-378-6.
  • Rattling the Reefer (con Edward Howard) (1838)
  • O buque pantasma (The Phantom Ship) (1839), narra a lenda do "Holandés errante", que serviu de inspiración ao libreto da ópera de Richard Wagner O Holándés errante. Desta obra Houbo varias edicións en España, as dúas últimas: El buque fantasma, M. E. Editores, S.L., 1994, ISBN 84-495-0104-0 e Abraxas, S.L., 2002. ISBN 84-95536-65-X.
  • Diary in America (1839)
  • Pota Pode (1840)
  • Poor Jack (1840)
  • Masterman Ready, or the Wreck in the Pacific (1841)
  • Joseph Rushbrook, or the Poacher (1841)
  • Percival Keene (1842)
  • Monsieur Violet (1843)
  • Settlers in Canada (1844)
  • The Mission, or Scenes in Africa (1845)
  • The Privateersman, or One Hundred Years Ago (1846)
  • The Children of the New Forest (1847). Esta obra foi traducida ao castelán como Los chicos de New Forest por Ediciones Palabra, S.A., 2001. ISBN 84-8239-448-7; pero normalmente coñecese como Los cautivos del bosque, como na edición da Editorial Vision Net, 2002. ISBN 84-9770-122-4.
  • The Little Savage (póstuma, 1848)
  • Valerie (póstuma, 1848)

Das obras de Marryat, a máis editada en España é De grumete a almirante, sendo as dúas últimas edicións as de Yerico, S.A., 1990. ISBN 84-7889-078-5 e M. E. Editores, S.L. ISBN 84-495-0119-9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Warner, O., Captain Marryat: a Rediscovery (1953)
  • Marryat, F., Life and Letters (1872)
  • Hannay, D., Life of Marryat (1889)
  • Mendizábal, F. de, Historia da Literatura inglesa.

Ligazóns externas editar