Frederic Moore

entgomólogo e ornitólogo británico

Frederic Moore, nado en Londres o 13 de maio de 1830, e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1907, foi un zoólogo británico especializado sobre todo en entomoloxía, pero tamén en ornitoloxía.

Infotaula de personaFrederic Moore
Biografía
Nacemento13 de maio de 1830
Londres
Morte10 de maio de 1907
Londres
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadebritánica
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónentomólogo, ornitólogo, ilustrador
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMoore Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFrederic C. Moore (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Sociedade Linneana de Londres e da Sociedade Zoolóxica de Londres

Tamén foi ilustrador, e publicou seis volumes de Lepidoptera Indica e un catálogo das aves da colección da Compañía Británica das Indias Orientais.

Traxectoria editar

Tense dito que Frederic Moore naceu no número 33 da rúa Bruton de Londres; pero deste dato pode ser incorrecto xa que ese foi o enderezo da oficina da Sociedade Zoolóxica de Londres desde 1826 a 1836.[1]

O 31 de maio de 1848 Moore foi nomeado axudante provisional do Museo da East India Company de Londres, e despois foi "escritor temporal", e máis tadrde subdirector do Museo, cunha paga de 330 libras anuais.[2] Nesta época casou, e tivo unha filla, Rosa Martha Moore.[1]

Comezou a compilar Lepidoptera Indica (1890-1913), un importante traballo sobre as bolboretas do sur de Asia en 10 volumes, que foi completado logo da súa morte por Charles Swinhoe. Moitas das súas láminas foron debuxadas polo seu fillo, mentres que outras son de E. C. Knight e John Nugent Fitch.[3] Moitas especies de bolboreta foron descritas por Moore neste traballo.

«Moore entrou polas portas da entomoloxía a través das súas habilidades artísticas. O doutor T. Horsfield (1777-1859), asociado desde hai tempo co Museo da East India Companyda India de Oriente, requiriu a alguén capaz de facer debuxos de historia natural e, a través dunha selección, Frederic Moore obtivo o posto. Así comezou unha asociación para toda a vida coa Lepidoptera Indica».[4]

O fillo de Moore, F. C. Moore, tamén foi artista e preparou moitas das láminas de Lepidoptera Indica.[5]

O irmán de Moore, T. J. Moore, foi conservador no Museo de Liverpool durante corenta anos, e o seu fillo Thomas Francis Moore, foi osteólogo no Museo Nacional de Melbourne.[6]

Moore foi membro da Sociedade Linneana de Londres, da Sociedade Entomolóxica de Londres, membro correspondente da Sociedade Entomolóxica de Stettin e da Sociedade Entomolóxica dos Países Baixos.

Entre outros dos seus traballos están un catálogo das aves no Museo da East India Company de Londres (1854-1858) (con Thomas Horsfield), e Lepidoptera of Ceylon (1880-87).

Abreviatura editar

A abreviatura Moore emprégase para recoñecer a Frederic Moore como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cowan C. F. (1975). "Horsfield, Moore, and the Catalogues of the East India Company Museum". Journal of the Society for the Bibliography of Natural History 7: 273–284.  Resume.
  2. Sclater, P. L. (1871). "The Late East India Company's Museum—A Zoologists Grievance". Nature 3: 328–329.  Resume
  3. Anónimo (1890). "Entomological notes." (PDF). Psyche 5: 405. doi:10.1155/1890/15636. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  4. Gilbert, P. (2000): Butterfly Collectors and Painters. Four centuries of colour plates from The Library Collections of The Natural History Museum, Londres. Singapore: Beaumont Publishing Pte Ltd. ISBN 978-9-8104-3040-5.
  5. Moore, Frederic (1890). Lepidoptera Indica. Volume 1 (preface). Londres: L. Reeve & Co. 
  6. Anónimo (1922). "Obituary: T. F. Moore". Nature 110: 641–641. doi:10.1038/110641a0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar