Freddie Bartholomew

actor estadounidense

Frederick Cecil Bartholomew, nado en Londres o 28 de marzo de 1924 e finado en Sarasota, Florida o 23 de xaneiro de 1992, foi un actor infantil británico-estadounidense, máis coñecido como Freddie Bartholomew. Está considerado como un dos actores infantís máis famoso de tódolos tempos, xa que se fixo moi coñecido en filmes que se fixeron nos anos 30 en Hollywood. Os seus filmes máis famosos nos que actúa como protagonista son Captains Courageous (1937) e Little Lord Fauntleroy (1936).

Freddie Bartholomew
Nome completoFrederick Cecil Bartholomew
Nacemento28 de marzo de 1924
LugarLondres
Falecemento23 de xaneiro de 1992
LugarSarasota
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeReino Unido, Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Educado enItalia Conti Academy of Theatre Arts
Cónxuxe(s)Maely Daniele (1946-1953) (divorciados)
Aileen Paul (1953-1976) (divorciados)
Elizabeth (?-1992) (até a morte del)
FillosKathleen Millicent Bartholomew
Frederick R. Bartholomew
Celia Ann Paul (fillastra)
ProfesiónActor (1930-1951)
Na rede
IMDB: nm0000861 Allocine: 85466 Allmovie: p4325
Find a Grave: 6656086 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou actuando en pequenos papeis en obras de teatro e filmes británicos como Lily Christine (1932), mentres facía unha viaxe polos Estados Unidos viuno o produtor David O. Selznick e contratouno para o filme David Copperfield (1935), que se converteu nun éxito e fíxoo popular, Bartholomew seguiu actuando en numerosos filmes de grande éxito con algunhas das estrelas máis populares da época.

Filmes como Anna Karenina (1935) con Greta Garbo e Fredric March, Professional Soldier (1935) con Gloria Stuart, Little Lord Fauntleroy (1936) con Dolores Costello, Lloyds of London (1937) con Madeleine Carroll e Tyrone Power e Captains Courageous (1937) con Spencer Tracy.

Entre 1944 e 1947 serviu como soldado,[Cómpre referencia] logo de deixar Hollywood cara Nova York estableceuse como executivo nunha compañía de publicidade e morreu en Sarasota, Florida.

Filmografía editar

Véxase tamén editar