Franz Karl Achard

químico alemán

Franz Karl Achard, nado en 1753 en Berlín e finado en 1821 en Wohlau foi un químico prusiano. Estableceu a primeira fábrica de azucre a partir da remolacha.

Infotaula de personaFranz Karl Achard

Franz Karl Achard
Nome orixinal(de) Franz Carl Achard Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1753 Editar o valor em Wikidata
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1821 (67 anos)
Wołów (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEstablecer a primeira fábrica de azucre a partir da remolacha.
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , físico , biólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 98515999 Editar o valor em Wikidata
Franz Karl Achard

Traxectoria editar

Estudou física e química en Berlín, discípulo de Andreas Sigismund Marggraf, foi favorito do rei Frederico II de Prusia, ao que informaba das súas investigacións dúas veces por semana.

En 1776 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias de Berlín.

Polos seus descubrimentos na aclimatación do tabaco en Alemaña, o rei concedeulle unha pensión vitalicia de 500 taler.

A partir do descubrimento, feito por Marggraf en 1747, de que a remolacha contiña azucre, deseñou un proceso para producir azucre da remolacha.

En 1801 co apoio do rei Frederico Guillerme III de Prusia, abriu a primeira refinaría en Wohlau, Silesia, Prusia (hoxe en Polonia). Abriu outras en Bohemia e en 1811 en Francia.

Os comerciantes británicos de azucre ofrecéronlle 200.000 taler por declarar marrados os seus experimentos, pero el rexeitou as súas proposicións. Co seu descubrimento o azucre deixou de ser un produto de luxo.

As súas refinarías quedaron en bancarrota en 1815 debido á incapacidade económica de Achard, e a diversos lumes causados por curtocircuítos.