Frans Hals

pintor neerlandés

Frans Hals, nado en Antuerpen en 1580? ou 1585? e finado en Haarlem o 26 de agosto de 1666, foi un pintor neerlandés da escola barroca flamenga.

Frans Hals
Imaxe do pintor
NomeFrans Hals
Nacemento1591, 1582 e anos 1580
 Antuerpen
Falecemento26 de agosto de 1666, 29 de agosto de 1666 e 1 de setembro de 1666
 Haarlem
Nacionalidadeflamengo - neerlandés
Cónxuxe(s)Anneke Hermansz e Lysbeth Reyniers
FillosHarmen Hals, Frans Hals II, Jan Hals, Reynier Hals, Nicolaes Hals, Adriaentje Hals e Jacob Hals
Eidopintura
Na rede
Discogs: 3576459 WikiTree: Hals-41 Find a Grave: 9789652 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos grandes mestres na arte do retrato. Esperta grande admiración pola brillantez na representación da luz e a liberdade no manexo dos pinceis.

Traxectoria editar

Sombras na súa biografía editar

A escaseza de documentos e a ausencia total de escritos persoais de Frans Hals fan que a súa personalidade e a súa vida permanezan un pouco na escuridade. Hai varias datas hipotéticas sobre o seu nacemento, que puido ser cara a 1582-1583, deducidas da idade que os seus biógrafos calculan que tería cando morreu, aínda que con seguridade naceu na cidade flamenga de Antuerpen. Abandonaría esta cidade coa súa familia poucos anos despois, trasladándose a Haarlem. Xa en 1591 foi bautizado alí o seu irmán Dirck, que tamén se dedicaría á pintura.

Logo da caída de Antuerpen a mans das tropas españolas na guerra dos Oitenta Anos, que supuxo a fragmentación de Flandres, a súa familia instalouse en Haarlem, na zona norte, de onde os seus pais eran orixinarios. En devandita cidade viviu Hals toda a súa vida. A biografía do pintor corre en paralelo coa independencia dos Países Baixos da monarquía española.

Os estudos máis recentes desterraran a idea que sobre o pintor se tiña desde antigo sobre unha vida libertina e un incorrexible vicio polo alcohol. Hals pertencía á asociación oratoria De Wijngaertranken e á milicia cívica de San Xurxo, e era tamén membro da cámara de reutores e presidente desde 1644 do gremio de pintores de Haarlem. A rectitude e puritanismo destas sociedades non encaixa con que Hals tivese malos costumes e vicios coñecidos.

Véxase tamén editar