Frank Tashlin

director de cinema estadounidense

Frank Tashlin, nado como Francis Fredrick von Taschlein en Weehawken (Nova Jersey) o 19 de febreiro de 1913 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de maio de 1972, foi un animador, guionista e director de películas estadounidense.

Infotaula de personaFrank Tashlin
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Weehawken, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1972 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEmbolia pulmonar Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanimador , artista de banda deseñada , escritor de literatura infantil , director de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Cartoons (pt) Traducir (1942–1944)
Columbia Pictures (1941–1942)
The Walt Disney Studios (pt) Traducir (1939–1941)
Warner Bros. Cartoons (pt) Traducir (1936–1939)
Iwerks Studio (en) Traducir (1934–1935)
Warner Bros. Cartoons (pt) Traducir (1933–1934)
Van Beuren Studios (pt) Traducir (1932–1933)
Terrytoons (1930–1932) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMary Costa (pt) Traducir (1953–1966) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0850895 Allocine: 4425 Allmovie: p113685 TCM: 189181
Discogs: 1907633 Find a Grave: 20026842 Editar o valor em Wikidata
The Chow Hound, dirixido por Frank Tashlin en 1944.

Traxectoria editar

Tashlin estivo de traballo en traballo tras abandonar a escola en Nova Jersey aos 13 anos. En 1930, comezou a traballar para Paul Terry como caricaturista na serie animada Aesop's Film Fables. Logo traballou brevemente para Amadee J. Van Beuren. Tashlin uniuse ao estudio de Leon Schlesinger da Warner Bros. como animador en 1932, onde foi catalogado como un animador rápido. Usaba o seu tempo libre para traballar na súa propia tira cómica chamada Van Boring (1934), inspirada no seu xefe Van Beuren, que durou tres anos.[1][2] Asinaba co nome de "Tish Tash". Tashlin foi despedido cando non quixo entregarlle parte das ganancias da súa tira cómica a Schlesinger. Entra ao estudio de Ub Iwerks en 1934. Logo traballou no estudio de Hal Roach en 1935 como guionista. Volveu traballar para Schlesinger en 1936 como director, onde lle ensinou aos demais directores da Warner novas técnicas coa cámara.

En 1938, traballou para Disney no departamento de guións. Logo diso, traballou como produtor no estudio de animación Screen Gems da Columbia Pictures en 1941, creando series como The Fox and the Crow. Tashlin volveu cos directores da Warner en "Termite Terrace" no ano 1943. Seguiu no estudio durante a segunda guerra mundial e traballou en varias curtametraxes bélicas, incluíndo os debuxos animados educativos Private Snafu.

Tashlin deixou a área da animación en 1944 (aínda que regresou brevemente á MGM en 1960 para producir The Bear That Wasn't, dirixido por Chuck Jones) para converterse nun escritor de bromas para os irmáns Marx e Lucille Ball, entre outros. O seu posto en Termite Terrace sería ocupado por Robert McKimson. As súas películas con actores reais conservan elementos da animación; Tashlin utilizaba bromas absurdas e xiros de trama inesperados. Escribiu películas para Bob Hope e Red Skelton.

Comenzando coa película de 1956 The Girl Can't Help It, coa súa sátira cara ao rock and roll, Tashlin logra éxito comercial coa película de Martin and Lewis Hollywood Or Bust en 1956, Will Success Spoil Rock Hunter? en 1957, e seis de Jerry Lewis (Rock-A-Bye Baby, The Geisha Boy, Cinderfella, It's Only Money, Who's Minding the Store?, e The Disorderly Orderly). Moitos destes traballos foron denominados como "de culto".

Nos anos 1960, as películas de Tashlin perderon algo a súa graza e a súa carreira empezou a decaer, xunto a das persoas que traballaron con el. A súa última película foi The Private Navy of Sgt. O'Farrell protagonizada por Bob Hope e Phyllis Diller en 1968. A súa película Will Success Spoil Rock Hunter? foi incluída no National Film Registry no ano 2000.

Ademais de todo isto, Tashlin escribiu e ilustrou tres libros, The Bear That Wasn't (1946), The Possum That Didn't (1950), e The World That Isn't (1951). Son normalmente denominados como libros infantís mais todos conteñen elementos satíricos. The Bear That Wasn't foi adaptado na animación por un antigo compañeiro de Tashlin na Warner Bros., Chuck Jones, en 1967. Outra historia para nenos que Trashlin escribiu en 1949 foi animada por Spike Jones, How the Circus Learned to Smile. Tashlin tamén escribiu e autopublicou un libro didáctico titulado How to Create Cartoons (sobre o debuxo, non a animación) en 1952.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar