Frank Bainimarama

político fidxiano


Josaia Voreqe Bainimarama, coñecido como Frank Bainimarama, nado en Kiuva, Colonia de Fidxi, o 27 de abril de 1954, é un militar e político fidxiano, que foi primeiro ministro de Fidxi desde o 7 de xaneiro de 2007 ata o 24 de decembro de 2022.

Infotaula de personaFrank Bainimarama

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Tailevu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister for Forestry (en) Traducir
24 de agosto de 2021 –
Gabinete ministerial: 4th Bainimarama Cabinet (en) Traducir
Minister for Foreign Affairs (en) Traducir
9 de setembro de 2016 – 24 de decembro de 2022
← Inoke Kubuabola (en) TraducirSitiveni Rabuka →
Minister for Sugar (en) Traducir
decembro de 2008 –
Gabinete ministerial: 4th Bainimarama Cabinet (en) Traducir
Minister for iTaukei Affairs (en) Traducir
2008 –
Gabinete ministerial: 4th Bainimarama Cabinet (en) Traducir
Primeiro ministro de Fidxi
5 de xaneiro de 2007 – 24 de decembro de 2022
← Jona Senilagakali (pt) TraducirSitiveni Rabuka →
Presidente de Fidxi
5 de decembro de 2006 – 4 de xaneiro de 2007
← Ratu Josefa IloiloRatu Josefa Iloilo →
Presidente de Fidxi
29 de maio de 2000 – 13 de xullo de 2000
← Kamisese Mara (pt) TraducirRatu Josefa Iloilo →
Member of the Parliament of Fiji (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFidxi Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Asiático de Tecnoloxía
Universidade de Dalhousie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFiji First Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarComodoro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: FijiPM Twitter: FijiPM Editar o valor em Wikidata

Tras unha carreira militar de varias décadas foi ascendido a comodoro en 1998 e nomeado comandante en xefe das Forzas Armadas de Fidxi en 1999. Tomou o poder dúas veces na historia de Fidxi, a primeira vez como xefe do goberno militar interino do 29 de maio ao 13 de xullo de 2000, despois de organizar un contragolpe para neutralizar o golpe de Estado étnico dirixido por George Speight. Entregou o poder a Josefa Iloilo, nomeado presidente pouco antes.

Foi fundamental no ascenso ao poder do goberno do primeiro ministro, Laisenia Qarase, pero a súa intensa crítica á política do goberno de amosar clemencia cara ás persoas implicadas no golpe estirou máis tarde as súas relacións co réxime e o 5 de decembro de 2006, derrubou o goberno de Qarase e anunciou que asumía "de mala gana" os poderes da presidencia. Restableceu a Josefa Iloilo na presidencia o 4 de xaneiro de 2007,[1] e foi nomeado primeiro ministro interino por Iloilo ao día seguinte. O nomeamento foi declarado lícito polo Tribunal Supremo de Fidxi en outubro de 2008.[2] Bainimarama dimitiu o 10 de abril de 2009 como primeiro ministro interino, despois de que a corte de apelación do país fallase que a eliminación do goberno democrático durante o golpe militar do 2006 fora ilegal.[3] O presidente Josefa Iloilo anunciou entón que abolía a Constitución, que asumía todo o poder de goberno e que revogaba todos os nomeamentos xudiciais, volvendo nomear a Bainimarama como primeiro ministro.[4]

Ocupou este cargo ata as eleccións de 2014, onde gañou o seu partido, FijiFirst, e xurou o cargo como primeiro ministro de Fidxi ante o presidente Epeli Nailatikau. Nas eleccións xerais de Fidxi de 2018, o FijiFirst obtivo de novo unha maioría absoluta e Bainimarama tomou posesión como primeiro ministro de Fidxi para un novo mandato o 20 de novembro de 2018.

Traxectoria editar

Inicios editar

Asistiu á Escola de Secundaria dos Irmáns Maristas en Suva, ao Instituto Asiático de Tecnoloxía preto de Bangkok e á Universidade de Dalhousie en Halifax, Nova Escocia. Ingresou na Mariña de Fidxi en 1975 ascendeu a través dos rangos ata chegar a capitán en 1991. En 1997 foi nomeado Xefe de Persoal e en 1998 foi ascendido a comodoro converténdose en Comandante das Forzas Armadas en 1999.

Golpe de Estado en Fidxi do 2000 editar

Un grupo liderado por George Speight, un empresario que fora declarado en bancarrota tras a cancelación de varios contratos por parte do goberno, entrou nos edificios do Parlamento o 19 de maio de 2000. Durante 56 días o primeiro ministro Mahendra Chaudhry e a maior parte do seu goberno, xunto con moitos parlamentarios e o seu persoal, estiveron secuestrados mentres que Speight intentaba negociar co presidente, Kamisese Mara, quen denunciou o golpe de Estado e declarou o estado de emerxencia.

Crendo que o presidente Kamisese Mara non estaba a tratar con eficacia a situación, Bainimarama obrigou a Mara a dimitir o 29 de maio de 2000, no que algúns políticos chamaron "un golpe dentro do golpe" e formou un goberno militar interino, que negociou un acordo en virtude do cal os rebeldes liberarían a todos os reféns, incluído o deposto primeiro ministro Mahendra Chaudhry, e se renderían sen seren castigados. O goberno renunciou posteriormente á última parte do acordo e arrestou a Speight o 27 de xullo de 2000, con Bainimarama dicindo que asinara esa parte do acordo "baixo coacción".

Despois do golpe editar

Asistiu entre 2002 e 2003 a diversos cursos de formación e conferencias en Fidxi, Australia, Corea do Sur e Filipinas, ademais do Programa para Executivos Superiores en Seguridade Nacional e Internacional na Universidade Harvard nos Estados Unidos. En novembro de 2002 foi ascendido a contraalmirante, pero esta promoción foi revertida de novo a comodoro o 1 de febreiro de 2003.

A pesar da deterioración da súa relación co goberno, foi nomeado comandante das Forzas Armadas da República de Fidxi o 5 de febreiro de 2004.

Destitución e golpe de estado de 2006 editar

O 31 de outubro de 2006, mentres Bainimarama estaba en Exipto visitando as forzas de mantemento da paz no Oriente Medio, o presidente Iloilo destituíu a Bainimarama, nomeando no seu lugar ao tenente coronel Meli Saubulinayau que rexeitou o cargo. Os altos cargos militares de Fidxi apoiaron a Bainimarama, que pediu rapidamente a dimisión do Goberno. Os gobernos de Australia, Nova Zelandia, Estados Unidos e outros chamaron á calma e pediron garantías de que os militares de Fidxi non se levantarían contra o goberno.[5][6]

A finais de novembro de 2006, Bainimarama envioulle a Qarase unha lista de demandas, unha das cales era a retirada de tres polémicos proxectos de lei, incluído o Proxecto de Lei Qoliqoli (que transferiría a propiedade dos recursos marítimos ao pobo fidxiano ) e o Proxecto de Lei Reconciliación, Tolerancia, e Unidade, que tería ofrecido indultos condicionais ás persoas condenadas por participar no golpe de 2000. A pesar de novas conversacións en Suva e en Wellington, Nova Zelandia, Bainimarama deu ao primeiro ministro Qarase un ultimato para o 4 de decembro para que aceptase as súas demandas ou dimitise. Nun discurso televisado, Qarase acordou poñer en espera as tres polémicas leis, revisar o nomeamento de Andrew Hughes como comisario de policía (Bainimarama esixira a súa destitución) e dar á policía a opción de suspender as investigacións sobre os supostos actos de sedición do comandante. Rexeitou máis concesións e dixo que concedera todo o posible dentro da lei.

A continuación producíronse manobras militares, incluída a incautación de vehículos do goberno e a detención domiciliaria do primeiro ministro Qarase. O 5 de decembro, afirmouse que o presidente Josefa Iloilo asinara unha orde xurídica de disolución do parlamento tras reunirse con Bainimarama. O presidente emitiu posteriormente unha declaración negando categoricamente que asinase ningún decreto, e o comisario de policía exiliado, Andrew Hughes, implicou ao secretario de Iloilo na fabricación do decreto baixo as ordes do comandante Bainimarama.

Desde o 9 de decembro, detívose a persoal de medios de comunicación e coñecidos disidentes,[7] e producíronse incidentes de intimidación e violencia cometidos contra figuras políticas. Informouse de que foi agredido Stuart Huggett, presidente da Comisión da Función Pública.

Bainimarama dixo en rolda de prensa o 15 de decembro que aceptaría asistir a unha próxima reunión do Gran Consello de Xefes, o corpo feudal facultado para elixir o presidente do país, vicepresidente e catorce dos trinta e dous senadores, só en calidade de presidente da República.[8][9] Dixo que se o Gran Consello aínda recoñecese a Josefa Iloilo como presidente, boicotearía a reunión. Tamén condenou a invitación do Gran Consello ao deposto primeiro ministro, Laisenia Qarase, engadindo que a Qarase non se lle permitiría regresar a Suva para asistir á reunión.

O 6 de setembro de 2007, Bainimarama impuxo un renovado estado de emerxencia durante un mes, alegando que Qarase e o seu portavoz estendían mentiras e intentaban provocar desestabilización, tras o regreso de Qarase a Suva despois de estar confinado na illa de Vanua Balavu desde a súa expulsión do cargo. Bainimarama dixo que Qarase e o seu portavoz deberían volver a Vanua balavu e que poderían "falar dende alí".[10]

Bainimarama converteuse en ministro de Economía interino o 18 de agosto de 2008 despois de que Chaudhry e os demais ministros do Partido Laborista se retirasen do goberno provisional.[11]

Explicando o golpe editar

A causa inmediata do golpe militar foi a negativa do primeiro ministro Qarase a retirar o Proxecto de Lei Qoliqoli. Bainimarama afirmou que os seus principais motivos para derrocar ao goberno de Qarase foron que era corrupto e que estaba a levar a cabo políticas racialmente discriminatorias contra a minoría indo-fidxia do país. Nun discurso que anunciaba publicamente o golpe, afirmou que as políticas de Qarase "dividiron a nación agora e terán consecuencias moi graves para as nosas futuras xeracións". Engadiu que "a aprobación das leis de Reconciliacións, Qoliqoli e Reclamacións sobre Terras minarán a Constitución, privarán a moitos cidadáns dos seus dereitos garantidos pola Constitución e comprometerán e minarán a integridade das Oficinas Constitucionais, incluído o poder xudicial". Explicou que modificaría os censos electorais baseados na raza, co fin de "levarnos á paz e á prosperidade e reparar a fenda racial cada vez máis grande que sofre actualmente a nosa nación multicultural".[12]

En setembro de 2011, o goberno de Bainimarama introduciu un decreto que restrinxía duramente os dereitos laborais, co fin de "garantir a viabilidade e sostibilidade actuais das industrias nacionais esenciais". En concreto, o decreto prohibía todas folgas excepto en circunstancias excepcionais, someténdoas ademais á autorización do goberno caso por caso. Tamén restrinxiu o dereito dos traballadores a levar as súas queixas ante os tribunais de xustiza.[13] O Congreso da Unión de Sindicatos de Fidxi dixo que o decreto "ofrecía importanes armas aos empresarios para seren usadas contra os sindicatos [. . . ] expulsa aos sindicalistas profesionais, elimina os convenios colectivos existentes, promove un sistema interesado de axentes non profesionais para representar aos traballadores, restrinxe severamente a acción industrial, reforza as sancións contra os traballadores que se manifestan legalmente e prohibe os pagos de horas extras e outras bonificacións para os traballadores en operacións de 24 horas". Attar Singh, secretario xeral do Consello de Sindicatos das Illas Fidxi, dixo: "Nunca vimos nada peor que este decreto. Sen dúbida está deseñado para decimar os sindicatos [...] dándolle aos empresarios unha vantaxe inxusta sobre os traballadores e os sindicatos".[14] Amnistía Internacional dixo que o decreto ameazaba "os dereitos humanos fundamentais [...], incluído o dereito á liberdade de asociación e reunión e o dereito a organizarse".[15]

Crise constitucional de 2009 editar

En abril de 2009, a Corte de Apelación declarou ilegal a eliminación do goberno democrático durante o golpe militar do 2006. Bainimarama dimitiu o 10 de abril de 2009 como primeiro ministro interino.[3]

O presidente Josefa Iloilo anunciou entón que abolía a Constitución, asumía todo o poder gobernante e revogaba todos os nomeamentos xudiciais.

Despois de abolir a Constitución e ignorar o poder xudicial, o presidente Iloilo nomeou de novo ao comandante Frank Bainimarama como primeiro ministro só 24 horas despois da súa marcha. O 24 de abril, o presidente nomeouno Compañeiro da Orde de Fidxi en recoñecemento polos seus "logros e méritos do máis alto grao e servizo a Fdxi e á humanidade en xeral".[16]

O 3 de novembro de 2009, Bainimarama expulsou os enviados de Australia e Nova Zelandia dándolles 24 horas para saír do país.

A polémica derivou da decisión de Bainimarama de nomear xuíces de Sri Lanka para substituír o poder xudicial do país, que foi expulsado en abril de 2009.

Ocupou o cargo de primeiro ministro ata as eleccións de 2014, onde gañou o seu partido, FijiFirst, e xurou o cargo como primeiro ministro de Fidxi ante o presidente Epeli Nailatikau. Nas eleccións xerais de Fidxi de 2018, o FijiFirst obtivo de novo unha maioría absoluta e Bainimarama tomou posesión como primeiro ministro de Fidxi por un segundo mandato o 20 de novembro de 2018.

Monarquismo editar

Bainimarama ten colocados enriba do seu escritorio os retratos de Isabel II, antiga raíña de Fidxi e do seu marido, o príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Díxo de si mesmo: "Sigo sendo leal á raíña. Moita xente o é en Fidxi. Unha das cousas que me gustaría facer é vela restaurada como a nosa monarca, para ser de novo a raíña de Fidxi".[17] Con todo, en 2012 o goberno de Bainimarama aboliu o festivo do aniversario oficial da raíña en Fidxi[18] e substituíu a imaxe da raíña nos billetes e as moedas polo escudo de Fidxi.[19]

Vida persoal editar

Bainimarama procede da aldea de Kiuva na península de Kaba, na provincia de Tailevu . É irmán de Meli Bainimarama e Timoci Bainimarama, ambos os dous altos funcionarios. Foi educado no catolicismo romano.[20] Está casado con Maria Makitalena e teñen seis fillos e varios netos. É un entusiasta do deporte, cunha particular paixón polo rugby e o atletismo. O 31 de maio de 2014 converteuse en presidente da Unión de Rugby de Fidxi.

Notas editar

  1. "Fiji army chief cedes powers" (en inglés). 5 de xaneiro de 2007. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  2. "Fiji braced for protests after court ruling backs hardline leader" (en inglés). 9 de outubro de 2008. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Fiji's Bainimarama steps down as PM" (en inglés). 10 de abril de 2009. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  4. "Commodore Voreqe Bainimarama re-appointed Fiji's Prime Minister" (en inglés). 28 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  5. "Fiji coup a 'real danger', says Downer" (en inglés). 2 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  6. "Howard warns against Fiji coup" (en inglés). 2 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  7. "Fiji Times contributors warned by army" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2007. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  8. "Spies alert on kill plot" (en inglés). 18 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2006. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  9. "Commander Will Attend GCC Meeting Only as Acting President" (en inglés). 16 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2006. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  10. "Martial law declared in Fiji - again" (en inglés). 6 de setembro de 2007. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  11. "Fiji's military leader takes over country's finances" (en inglés). 18 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2012. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  12. "Commander RFMF - Public Declaration of Military Takeover" (en inglés). 5 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2009. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  13. "Decree No.35 2011 – Essential National Industries (Employment) Decree 2011" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  14. "Union/govt face off" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  15. "Warning on Fiji government plan to severely restrict workers' rights". Amnistía Internacional (en inglés). 8 de agosto de 2011. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  16. "Frank Bainimarama receives Companion of the Order of Fiji from President" (en inglés). 24 de abril de 2009. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  17. "Despot for diversity" (en inglés). 1 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  18. "Fiji to scrap holiday celebrating Queen's birthday" (en inglés). 1 de agosto de 2012. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  19. "Anger over plan to remove Queen from Fiji money" (en inglés). 12 de decembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  20. "Catholics support Methodists". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 29 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar