Franco malgaxe

moeda oficial de Madagascar até 2005

O franco malgaxe (código da ISO 4217: MGF -Malagasy Franc-) foi a moeda oficial de Madagascar até o 1 de xaneiro de 2005. Cada franco dividíase en 100 céntimos.

Historia editar

O franco malgaxe foi introducido o 1 de xullo de 1925 polo goberno francés como moeda da daquela colonia francesa de Madagascar. A emisión da moeda correspondíalle ao Banco de Madagascar (Banque de Madagascar), cuxo nome se convertería en Banco de Madagascar e as Comores' cando as Illas Comores se converteron nun territorio francés separado de Madagascar. O 26 de decembro de 1945 creouse o franco CFA, unidade monetaria común para os territorios africanos franceses. Nesa data, o franco CFA de Madagascar e Comores, que tiña o valor común do franco CFA, aínda que cos seus propios billetes e moedas, substituíu ao franco malgaxe como moeda oficial.

Independencia de Madagascar editar

Trala proclamación da independencia de Madagascar, o banco central empezou a emitir novas moedas e billetes en 1963, co seu valor ligado ao do franco CFA. En 1972, baixo o goberno militar do Xeneral Gabriel Ramanantsoa, Madagascar abandonou a zona CFA, estabelecendo un novo franco malgaxe.

Dende entón, o franco malgaxe sufriu numerosas desvalorizacións até converterse nunha moeda de cotización flotante. O 1 de xaneiro de 2005, o ariary, unidade de contar tradicional equivalente a cinco francos (similar ao antigo peso ou duro da peseta), converteuse na moeda oficial de Madagascar, aínda que tamén circulan francos.