Franco Battiato

músico e cantante italiano

Francesco "Franco" Battiato, nado en Jonia (hoxe Riposto, en Sicilia) o 23 de marzo de 1945 e finado en Milu o 18 de maio de 2021,[1] foi un cantautor, compositor e cineasta italiano e, co pseudónimo de Süphan Barzani, tamén pintor.[2] As cancións de Battiato conteñen elementos esotéricos, filosóficos e relixiosos e moveuse por xéneros como o pop experimental, a música electrónica, o rock progresivo, a new wave, a ópera lírica ou a música étnica.

Franco Battiato
Nome completoFrancesco Battiato
Data nacemento23 de marzo de 1945
Nado enItalia
Falecemento18 de maio de 2021
 Milu
Ocupacióncantautor, compositor, director de cinema, escritor, cantante, guionista, pintor, realizador, músico e roteirista de cinema
XéneroRock progresivo, Pop, Rock, Vangarda, experimental, Clásica
Na rede
páxina oficial
IMDB: nm0061394 Allocine: 191619 Rottentomatoes: celebrity/franco_battiato Allmovie: p403524
Facebook: francobattiato Youtube: UCBegBczbSAt6E1eyyKBx_Xw Bandcamp: francobattiato Spotify: 4lianjyuR1tqf6oUX8kjrZ iTunes: 14553571 Last fm: Franco+Battiato Musicbrainz: 0cd117b2-2e21-406d-80cf-5ce0a6065e37 Songkick: 79178 Discogs: 114390 Allmusic: mn0000659277 Deezer: 2850 Genius: Franco-battiato Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Colaborou con persoeiros como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro. Xunto coa cantante Alice, representou a Italia no Festival de Eurovisión 1984 coa canción "I treni di Tozeur".[3]

Traxectoria editar

Os primeiros sinxelos editar

Battiato trasladouse a Roma en 1964, para posteriormente pasar a Milán.[4] Tras abandonar os estudos universitarios publicou dous sinxelos para a revista Nuova Enigmistica Tascabile,[5] que ofrecía discos e cancións célebres interpretadas por cantantes pouco coñecidos. Nestes sinxelos o artista aparece co nome de Francesco Battiato.

O primeiro, que aparecía cunha foto de Battiato na portada, contiña unha versión de "L'amore è partito", de Beppe Cardile e Anita Harris, que fora presentada ó Festival de Sanremo de 1965. O segundo contiña un tema orixinal de Alain Barrière, "...e più ti amo", traducido por Gino Paoli.[6]

A canción protesta editar

En 1967 Giorgio Gaber conseguiulle un contrato coa discográfica Jolly, entrando no mundo da "protesta", moi de moda naquela época. O primeiro sinxelo foi "La torre", seguido de "Il mondo va così". Tivo tamén unha experiencia como actor teatral, recitando o papel de Tino Carraro en Much ado about nothing de William Shakespeare. Colaborou tamén con Gaber escribindo a famosa "...e allora dai!", presentada no Festival de Sanremo de 1967, e "Gulp Gulp", coñecida pola trasmisión televisiva Diamoci del tu.

O período romántico editar

No 1968 cambiou de selo discográfico, pasando á Philips e abandonando o xénero de protesta para achegarse ó romántico, máis inmediato e de consumo sinxelo. Rexistrou dous temas que a casa discográfica neerlandesa publicou no 1971 ("Vento caldo" e "Marciapiede") e obtivo un paso discreto con "È l'amore", no que os arranxos clasicistas ó pianoforte e unha voz coral permitían xa entrever o que sería o Battiato futuro. No 1969 participou con bo resultado no Disco per l'estate co tema "Bella ragazza".

Experimentación coa vangarda editar

O nome de Battiato apareceu no 1972 nun LP de jazz rock progresivo obra do grupo Osage Tribe[7] chamado Arrow Head. Colaborou tamén no disco Area di servizio, de Riccardo Pirolli, usando o pseudónimo "Genco Puro & CO": neste disco Battiato cantaba en tres cancións: "Giorno d'estate", "Nebbia" e "Biscotti e the". Foi fundamental a participación no disco de Juri Camisasca La finestra dentro elemento pouco coñecido da música de vangarda destes anos.

Música experimental e vangarda colta editar

Desde o 1971 adicouse á música experimental con amplo uso de electrónica, cunha serie de álbums para a etiqueta Bla Bla: Fetus (1972, cunha portada que foi censurada naquela época),[8] Pollution (1973),[9] Sulle corde di Aries (1973), Clic (1974) e M.elle le Gladiator (1975). Un tema deste primeiro período, "Propiedad prohibida" (1974) foi empregado como cabeceira do programa Tg2 Dossier.[10]

No 1976 pasou á produtora Ricordi, que distribuíu os seus seguintes discos, e adicouse á vangarda colta con tres álbums pouco vendidos pero moi apreciados pola crítica: Battiato (1977), Juke Box (1978) e L'Egitto prima delle sabbie (1978). Con L'Egitto prima delle Sabbie, experimentou cun só acorde repetido ó pianoforte, adxudicándose no 1977 o Premio Stockhausen de música contemporánea. Neste período comezou a colaboración con Giusto Pio,[11] co que asumiu a dirección musical dalgúns espectáculos de Giorgio Gaber, como Polli d'allevamento.

O gran recoñecemento editar

No 1978 publicou un 45 revolucións publicado usando o pseudónimo Astra: os dous temas, escritos con Pio (se ben Battiato utilizou o pseudónimo "Albert Kui"), tituláronse "Adieu" e "San Marco" (cun texto en francés entre ambos).

Co paso á EMI no 1979 volveu á canzone, con influxos orientais e sen ceder ó gusto imperante, e obtivo un extraordinario e meritorio recoñecemento do público en álbums como L'era del cinghiale bianco (1979), Patriots (1980), La voce del padrone (1981, o primeiro 33 revolucións italiano que superou o millón de copias vendidas[12][13]), L'arca di Noè (1982), Orizzonti perduti (1983), Mondi lontanissimi (1985), Fisiognomica (1988), Giubbe rosse (1989, o seu primeiro álbum en directo), Come un cammello in una grondaia (1991), Caffé de la Paix (1993) e L'ombrello e la macchina da cucire (1995), o último álbum con EMI.

Varias cancións desta época foron éxitos en Italia e no estranxeiro, como "L'era del cinghiale bianco", "Prospettiva Nevskji", "Bandiera bianca", "Centro di gravità permanente", "Voglio vederti danzare" ou "I treni di Tozeur", coa que acadou o quinto posto no Festival de Eurovisión 1984 acompañado de Alice.[14] Na súa música advírtese unha profunda e constante busca da espiritualidade, como nos temas "E ti vengo a cercare", "L'oceano di silenzio" e "L'ombra della luce".

Colaboracións editar

Cerco un centro di gravità permanente
che non mi faccia mai cambiare idea sulle cose, sulla gente[15]

—Franco Battiato, "Centro di gravità permanente", La voce del padrone, 1981

A súa contribución foi determinante para o lanzamento de Alice, que venceu no Festival de Sanremo de 1981 con "Per Elisa" (escrita coa cantante e Giusto Pio) e coa que firmou outras numeras colaboracións, a partir de "Il vento caldo dell'estate" (1980). No 1985 a cantante publicou un álbum, Gioielli rubati no que se incluía unha versión de "Prospettiva Nevskji". No 2002 volveron facer un dueto no tema "Come un sigillo", único inédito do álbum Fleurs 3.

Con Giuni Russo, cantante lírica de excelente calidade vocal, obtivo un gran recoñecemento con "Un'estate al mare" (1982). O momento máis importante da colaboración con esta artista foi coa realización do álbum Energie (1981), grande exemplo dos elementos innovadores do primeiros anos 80. Con Giuni colaborou firmando os arranxos do seu testamento musical, a canción "Morirò d'amore" coa que participou no Festival de Sanremo de 2003.

Os numerosos proxectos editar

A partir do 1985, moi sorprendido da colosal acollida non só en Italia, senón tamén en España e gran parte de Europa (aínda que menor nos países anglosaxóns) adicouse á creación de numerosos proxectos alleos á música pop, acollidos tamén con grande interese.

No 1985 fundou unha casa editorial propia, L'Ottava,[16] que, en colaboración con Longanesi, publicou catorce libros de autores varios, dos que algúns se republicaron na casa editorial Neri Pozza, ligada á temática esotérica e en particular ó pensamento de Georges Ivanovitch Gurdjieff.[17] No 1989 fundou unha produtora discográfica homónima da casa editorial, que publicou seis discos de música étnica e celta.

Escribiu Evoluzione evoluzione evoluzione e a editorial Mondadori no 2005 publicou o seu Ideogrammi.

Compuxo tres óperas líricas, Genesi (1987), Gilgamesh (1992) e Il cavaliere dell'intelletto (1994). En 1992 foi o primeiro músico occidental que actuou en Iraq baixo o réxime de Saddam Hussein (Concerto di Baghdad, publicado no 2006 en DVD), e foi o autor do ballet Campi magnetici, presentado no 2000 no Maggio musicale fiorentino.

Con Manlio Sgalambro editar

A partir de 1994 iniciou unha colaboración co filósofo Manlio Sgalambro e a casa discográfica Virgin con álbums de boa acollida comercial como L'imboscata (1996), Gommalacca (1998), Ferro battuto (2000) Dieci stratagemmi (2004). O novo dúo presentou a voz de Patty Pravo en "Emma Bovary" que se incluía no álbum da cantante veneciana Notti guai e libertà.

Pintura editar

Arredor de 1990, Franco Battiato comezou a practicar coa pintura como unha especie de experimento de autoanálise e mellora de si mesmo. Battiato afirmou que a habilidade no deseño e na pintura non son características innatas nos humanos, como moitos críticos pretenden.

Desde 1993 a súa actividade pictórica levouno a organizar mostras persoais en Italia e no mundo: Roma, Catania, Florencia, Estocolmo, Miami e Göteborg; unha das súas exposicións foi organizada en colaboración con Piero Guccione. Desde o inicio da súa actividade produciu moitas obras baixo o pseudónimo de Süphan Barzani.

Cine editar

Despois da súa experiencia como actor teatral en 1967, nos 70 probou sorte co cine. No 1973 tivo un pequeno papel como actor no filme de Corrado Farina Baba Yaga, protagonizado por Carrol Baker.

Compuxo diversas bandas sonoras, colaborando sobre todo co veronés Giacomo Battiato (homónimo pero non parente), en Brunelleschi (1974) e no filme Una vita scellerata (1990) sobre a figura de Filippo Brunelleschi e Benvenuto Cellini, e co seu compatriota Pasquale Scimeca, firmando a música do filme Il giorno di San Sebastiano (1992). Algúns temas seus foron utilizados por Antonello Aglioti no filme Il giardino dei ciliegi (1992), onde a actriz Marisa Berenson cantaba "Luna indiana", e sobre todo Nanni Moretti, que o cita explicitamente en Bianca (1983, co tema "Scalo a Grado") e Palombella rossa (1989, co tema "E ti vengo a cercare").

A súa aspiración de dirixir xurdiu no 1979, cando empezou a dirixir os seus videoclips, recollidos en gran parte no VHS Dal cinghiale al cammello (1992) e reeditados en DVD co título Dal cinghiale al cammello - The Video Collection (2004). No 2003 escribiu, dirixiu e compuxo a música para o seu primeiro filme, Perdutoamor, en gran parte autobiográfico, polo que recibiu un Nastro d'Argento. En marzal de 2006 apareceu nas salas o seu segundo filme, Musikanten, sobre os últimos catro anos de vida do compositor Ludwig van Beethoven.

No 2006 dirixiu o videoclip "Amara Terra Mia" de Radiodervish.

En xuño de 2006, na Mostra del Nuovo Cinema di Pesaro, anunciou o seu terceiro filme, tamén escrito con Manlio Sgalambro, Niente è come sembra, interpretado por Giulio Brogi, que saíu directamente en DVD o 31 de outubro de 2007 xunto co libro In fondo sono contento di aver fatto la mia conoscenza.

Últimos anos editar

Continuou na música, entre o pop e a electrónica ata 2010. Durante 2016 realizou unha xira con Alice, mais en 2017 deu o seu derradeiro concerto en Catania.[18] Seguiu a traballar, mais tivo que deixalo por motivos de saúde. A finais de 2019, o seu representante anunciou a súa retirada definitiva da escena.[19][20] Faleceu o 18 de maio de 2021.[21]

Discografía editar

 
Battiato no 2013.

Álbums de estudio editar

Recompilatorios e álbums en vivo editar

Álbums en castelán editar

Álbums en inglés editar

Mini LP editar

Óperas e ballet editar

Sinxelos editar

  • 1965: L'amore è partito (distribuído por Nuova Enigmistica Tascabile)
  • 1965: E piu ti amo (distribuído por Nuova Enigmistica Tascabile)
  • 1967: La torre / Le reazioni
  • 1967: Triste come me / Il mondo va così
  • 1968: È l'amore / Fumo di una sigaretta
  • 1969: Sembrava una serata come tante / Gente
  • 1969: Bella ragazza / Occhi d'or
  • 1971: Vento caldo / Marciapiede
  • 1972: Energia / Una cellula
  • 1972: La convenzione / Paranoia
  • 1979: L'era del cinghiale bianco / Luna indiana
  • 1981: Bandiera bianca / Summer on a Solitary Beach
  • 1984: I treni di Tozeur / Le biciclette di Forlì (con Alice)
  • 1985: No Time No Space / Il re del mondo
  • 1985: Via lattea / L'animale
  • 1996: Strani Giorni/Decline and fall of the roman empire
  • 1996: La Cura
  • 1998: Shock in my town
  • 1998: Il ballo del potere
  • 2001: Running against the grain/Sarcofagia/In trance
  • 2004: Tra Sesso e Castità/Le aquile non volano a stormi/Ermeneutica
  • 2007: Il vuoto
  • 2007: Aspettando l'estate
  • 2008: Tutto l'universo obbedisce all'amore
  • 2009: Inneres Auge
  • 2012: Passacaglia
  • 2013: Del suo veloce volo, con Antony and the Johnsons

Sinxelos en castelán editar

  • 1985: La estación de los amores
  • 1985: Centro de Gravedad
  • 1985: Sentimiento Nuevo
  • 1985: No time no space
  • 1987: Bandera blanca
  • 1987: Perspectiva Nevski
  • 1987: Nomadas
  • 1988: Y te vengo a buscar
  • 1988: Mesopotamia
  • 1989: Alexander Platz
  • 1991: Pobre Patria
  • 1996: Yo quiero verte danzar
  • 1996: De Paso
  • 1996: El cuidado
  • 2001: Vida en diagonal

Sinxelos en inglés editar

  • 1985: I want to see you as a dancer

Videografía editar

Representacións teatrais editar

Filmografía editar

Obras literarias editar

  • Tecnica mista su tappeto, Conversazioni autobiografiche. EDT, 1992.
  • Evoluzione evoluzione evoluzione. Bonanno, 1998.
  • Parole e canzoni. Giulio Einaudi Editore, 2004.
  • Ideogrammi. Arnoldo Mondadori Editore, 2005.
  • In fondo sono contento di aver fatto la mia conoscenza, 2007.
  • Musica e spiritualità, 2008.
  • Io chi sono? Dialoghi sulla musica e sullo spirito, 2009.
  • Temporary Road. (una) Vita di Franco Battiato. Dialogo con Giuseppe Pollicelli, 2018.

Notas editar

  1. Battiato, Franco; Pulcini, Franco (1992). Tecnica mista su tappeto (en italiano). EDT. 
  2. "Battiato: Dipingo come uno stonato". La Stampa. 6 de maio de 2010. Consultado o 1 de marzo de 2017. 
  3. Vídeo
  4. Messina, Sebastiano. "Franco Battiato - Biografia Correre della Sera". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  5. Vesigna, Gigi (5 de xuño de 2013). "Sorprese VIP". Oggi. p. 74-80. 
  6. La Posta & 10.
  7. La Posta, 2010 & 11.
  8. Messina, Sebastiano (5-08-1989). "Franco Battiato dalla A alla Zeta". Repubblica.it. Consultado o 4 de marzo de 2009. 
  9. "ALBUM 1973". Consultado o 21 de maio de 2008. 
  10. La Posta, 2010 & 48.
  11. Pulcini, Franco (08-05-1992). "Io, Wagner e Alice". La Repubblica. p. 38. 
  12. Alcini, Fabio (2019). Italia d'autore. 1965-1985: il periodo d’oro dei cantautori dal vinile al Cd (en Italian). ISBN 9788862316545. OCLC 1105723521. 
  13. Russo, Flavio (23 de marzo de 2020). "I 75 anni di Franco Battiato. Il cantautore che inventò l'elettronica italiana". LUMSA University. Consultado o 21 de abril de 2021. 
  14. La Posta & 2010 130.
  15. "Busco un centro de gravidade permanente que non me faga cambiar nunca as ideas sobre as cousas, sobre a xente."
  16. http://www.battiato.it/biografia/ottava.htm Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. L'Ottava
  17. ""Up Patriots to arms!", Franco Battiato a Milano". Oggi - Cultura e Spettacolo. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 4 de xullo de 2014. 
  18. Buj, Anna (18 de maio de 2021). "Muere Franco Battiato, leyenda de la música italiana". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2021. 
  19. Franco Battiato si ritira definitivamente
  20. Salute
  21. Online, Redazione (2021-05-18). "È morto Franco Battiato". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2021-05-18. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cozzari, Luca (2000): Franco Battiato. Pronipote dei padri del deserto. Zona.
  • Guidi Guerrera, Guido (2006): Battiato. Another link. Verdechiaro.* Jachia, Paolo (2005): E ti vengo a cercare. Franco Battiato e il sacro. Ancora.
  • La Posta, Annino (2010). Franco Battiato. Soprattutto il silenzio. Giunti Editore. , ISBN 8809742532, 9788809742536.
  • Macale, Maurizio (1996): Mentre ascoltavo un disco di Battiato. Bastogli Editrice Italiana.
  • Macale, Maurizio (1998): Franco Battiato: Centro di gravità permanente. Dalle origini a "Gommalacca". Bastogli Editrice Italiana.
  • Macale, Maurizio (2002): Franco Battiato. Una vita in diagonale. Bastogli Editrice Italiana.
  • Margaretto, Eduardo (1990): Franco Battiato. Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-0892-9
  • di Mauro, Enzo; Masotti, Roberto (1997): Fenomenologia di Battiato. Auditorium.
  • Pomponi, Alessandro (2005): Franco Battiato - Discografia Illustrata. Coniglio Editore.

Ligazóns externas editar