Francisco Prieto Losada

xornalista español



Francisco Prieto Losada, nado en Manzaneda en 1853, foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaFrancisco Prieto Losada
Biografía
Nacemento1853 Editar o valor em Wikidata (170/171 anos)
Manzaneda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a América, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Retornou convertido ao protestantismo, e instalouse en Madrid compaxinando o traballo de fotógrafo coa divulgación da súa fe. Na capital coñeceu á súa muller Soledad García.

En 1881 instalouse en Ourense e abriu o estudio La Luz Universal. Continúa cos seus labores pastorais, visitando toda Galicia. Trasladouse a Pontevedra, onde desenvolveu a súa etapa máis recoñecida como fotógrafo e foi redactor de El Látigo. En 1892 abandona Pontevedra e marcha a Madrid e instala un estudio na rúa Carranza. En 1897 promoveu unha iniciativa para dar a coñecer Galicia en Madrid mediante unha exposición de fotografías no seu estudio.

Tamén foi masón.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Echave Durán, María Cristina (1999). "Unha aproximación á figura do fotógrafo Francisco Prieto". El Museo de Pontevedra (53): 463–474. 

Ligazóns externas editar