Francisco Morales Bermúdez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Francisco Morales Bermúdez Cerruti, nado en Lima o 4 de outubro de 1921 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 2022, foi un político e militar peruano. Exerceu como presidente de facto da República do Perú desde 1975 ata 1980, na denominada segunda etapa do Goberno Revolucionario das Forzas Armadas.
Traxectoria editar
Francisco Morais Bermúdez naceu en Lima, o 4 de outubro de 1921. Neto do Xeneral Remigio Morales Bermúdez, que foi Presidente da República desde 1890 a 1894. Estudou en Lima no Colexio da Inmaculada (xesuítas). De formación militar iniciada cando tiña 18 anos, ao final da súa carreira chegou a ostentar o grao de Xeneral de División.
Foi Ministro de Finanzas durante o primeiro goberno de Fernando Belaúnde Terry en 1968. Logo do golpe de estado de 1968, baixo o mando do Xeneral Juan Velasco Alvarado, foi nomeado Xefe do Estado Maior, cargo que exerceu desde 1969 ata 1974.
Foi Presidente do Consello de Ministros e ocupou a carteira do Ministerio de Guerra (hoxe fusionado no Ministerio de Defensa) durante os anos 1974 e 1975 e, desde febreiro de 1975, foi Comandante Xeral do Exército. No devandito cargo encabezou o Tacnazo, o 29 de agosto de 1975, un incruento golpe de estado contra o presidente Juan Velasco Alvarado e ao día seguinte autoproclamouse presidente da República do Perú como "Xefe de Estado" na Segunda Fase do Proceso Revolucionario das Forzas Armadas. Foi apoiado pola CIA e os servizos secretos de EEUU que se atopaban instalados en Chile apoiando o ditador Augusto Pinochet. Ante a iminente invasión a Chile e a posible recuperación dos territorios de Arica e Tarapacá para o Perú, deu o golpe de estado a Velasco.
A súa intención declarada foi a rectificación dos excesos cometidos nas reformas sociais e económicas desenvolvidas pola súa predecesor. Finalmente, o seu goberno convocou a eleccións xerais para a formación dunha Asemblea Constituínte pola presión das marchas e folgas da poboación. Estas eleccións contaron coa participación das forzas políticas do país, as cales participaron na elaboración da Constitución de 1979.
En maio de 1980, leváronse a cabo as eleccións para elixiren democraticamente o novo Presidente da República. O escrutinio deu por vencedor a Fernando Belaúnde Terry, quen fora deposto polo golpe de Estado de Juan Velasco Alvarado e que asumiu a presidencia o 28 de xullo dese mesmo ano.
Presidente do Perú | ||
---|---|---|
Segue a: Juan Velasco Alvarado |
Francisco Morales Bermúdez | Precede a: Fernando Belaúnde Terry |